M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

11/10/21
O dominio .scot, o dominio de Primeiro Nivel dos escoceses

Hoxe falamos con Gavin McCutcheon, responsable do dominio .scot, o dominio dos escoceses, dos que viven en Escocia e os espallados polo mundo.

Pregunta: Que é .scot? Onde estades situados? Canta xente traballa aí?

Resposta: .scot e o Dominio de Primeiro Nivel (gTLD) para a comunidade escocesa espallada polo mundo. Somos un dominio comunitario máis ca un puramente xeográfico xa que mentres en Escocia viven só 5 millóns de persoas, hai aproximadamente de 50 a 100 millóns de persoas arredor do mundo que claman ter devanceiros escoceses ou relación próxima. A idea tras o .scot é un dominio que reúna esas comunidades lonxanas e proporcione unha forma de que os escoceses, tanto de Escocia como noutros lugares, poidan identificar a súa pertenza.

O Rexistro dotScot ten a súa base na cidade máis grande de Escocia, Glasgow aínda que pola pandemia da Covid estivemos traballando todos desde casa. Así que eu estou escribindo isto desde a illa de Luing, unha peque illa da costa oeste de Escocia que ten máis gando que persoas! En total temos 5 traballadores pero ademais disto, temos 8 Embaixadores Globais arredor do mundo, incluíndo América, Canadá, Australia, Europa e India que fan correr a voz e nos representan ante as nosas comunidades no estranxeiro.

P: Que é o que fai exactamente un rexistro como dotScot?

R: Xestionamos e operamos o dominio .scot. Con isto, quero dicir que facemos que os dominios .scot estean dispoñibles para o rexistro a través dos rexistradores, estar seguros que o dominio é estable e dispoñible todo o tempo (incluso cando somos cyber-atacados!) e, o máis importante asegurar que as voces de todas as nosas comunidades sexan ouvidas e influenciar na dirección e estratexia do dominio.

Como dominio comunitario, é importante para nós que debemos equilibrar a xeración de ingresos coa mellor maneira de representar á nosa comunidade, as súas linguas, cultura, terra  e xentes. Para iso, traballamos estreitamente cos nosos colegas en casa e polo mundo para asegurar que os dominios .scot estean dispoñibles para aqueles que os queiran usar e ao mesmo tempo disuadir aos ciberocupas e os domainers.

P: Por que son os geoTLDs importantes?

R: Os dominios de primeiro nivel xeográficos son extremadamente importantes por varias razóns. Por exemplo, aínda que Escocia é unha nación, non pode ter o seu propio código de país xa que forma parte do Reino Unido. Así que os individuos, empresas e organizacións to tiñan un camiño claro para se identificar como escoceses en liña. Tendo en conta que Escocia ten idiomas, cultura e musica propios, ao mesmo tempo que a súa reputación en innovación, calidade do seu produto e máis, ata que .scot estivo dispoñible non había unha maneira sinxela de expresar o acceso a isto en internet.

Representando cidades, rexións e comunidades, os geoTLDs danlle visibilidade á súa singularidade e diversidade e isto ten que ser unha cousa boa.

P: Que consello podedes darlle a empresas que queren estar en liña?

R: A mellor forma de facelo, é facelo. Honestamente é moito máis sinxelo estes días do que era hai tempo. Fai consulta para atopar un Rexistrador con boa reputación que poida ofrecerche hosting para a web e o correo e dálle unha oportunidade. Os websites son máis fáciles de crear por ti mesmo hoxe en día, con WordPress, Wix e outras ferramentas que fan o traballo duro por ti. A parte máis complicada é decidir cal vai ser o teu nome de dominio- e esta é outra área onde os geoTLDs te poden axudar xa que podes conseguir nomes curtos, memorables que non podes atopar nos vellos TLDs.

Imaxe de Rory o león e Dottie o unicornio. En caso de non saberes, o animal nacional de Escocia é o unicornio, e o león é usado no seu escudo de armas.

P: Cales son as principais historias de éxito do dominio .scot?

R: O principal foi asegurar o nome en primeiro lugar! Ademáis de pasar polo proceso de solicitude completo, tivemos que demostra que tiñamos o soporte da familia mundial de Escoceses e logo obter aprobación do Goberno Escocés e do Goberno do Reino Unido. No foi pouca cousa!

Estamos especialmente orgullosos do feito de que o noso Goberno foi o primeiro e adoptar un geoTLD como a súa plataforma principal. Así foi que empezou gov.scot moi cedo e marcou o camiño para o noso NHS (servizo nacional de saúde) ,o parlamento e outros organismos cívicos. Igualmente estamos encantados que tantas sociedades, clubs, organizacións, empresas e persoas Escocesas arredor do mundo usen agora .scot. Actualmente temos dominios .scot rexistrados en 57 países diferentes o que é verdadeiramente abraiante.

P: Podédesnos dar algunha información sobre os usos dos dominios .scot durante a pandemia? (por exemplo protect.scot)

R: Nos traballamos da man do noso Sistema de Saúde Nacional durante a pandemia, ambos aseguramos que terían acceso aos nomes de dominio que precisasen e tamén para pechar sitios maliciosos incorporando certas palabras ou frases chave, como Covid, SARS, NHS, Coronavirus, etc. Este achegamento aseguro que o público puidera acceder á mellor información e consellos e ao mesmo tempo evitar que a xente sufrira calotes por páxinas falsas.

Había dous chaves nas webs do NHS durante a pandemia: son nhsinform.scot para información sobre saúde e orientación; e protect.scot para seguimento e localización. Xuntos constituíron o piar principal da resposta e a estratexia do noso Goberno perante a pandemia.

Compartir

Compartir