Guía PuntoGal da directiva de seguridade nas redes e da información: NIS2
PuntGal ofrece esta guía sobre a NIS2, proporcionando unha ferramenta crucial para entender e implementar os requisitos regulamentarios que afectan á ciberseguridade no ámbito da UE. En caso de precisar un documento imprimible que pode funcionar como guía, pódese descargar desta ligazón.
Ademais, o pasado día 3 de xuño celebramos un webinar para coñecer algunhas experiencias de primeira man e mesmo facer consultas a técnicos cualificados. Pódese descargar o cartel nesta ligazón. O vídeo da sesión está dispoñible aquí.
A NIS2, ou Directiva sobre a Seguridade das Redes e da Información 2, non só obriga ás entidades clave a protexer as súas infraestruturas críticas, senón que tamén promove unha maior cooperación e intercambio de información entre os Estados membros.
Dentro das iniciativas do dominio que teñen que ver coa ciberseguridade, como a participación en ciber.gal ou as colaboracións coa CGA, buscamos axudar ás organizacións a interpretar os requisitos da NIS2 de maneira efectiva, minimizando así o risco de infraccións e fortalecendo a resiliencia cibernética da comunidade.
Promovendo boas prácticas e estándares elevados de seguridade da información, contribúese ao obxectivo global de protexer as infraestruturas críticas e os datos sensibles dos membros da comunidade de PuntoGal.

A Directiva europea NIS2 (Network and Information Systems Directive) ten como obxectivo reforzar a ciberseguridade en toda a Unión Europea.
NIS2 substitúe á Directiva NIS e amplía os sectores afectados e o alcance dos controis de ciberseguridade para as organizacións que operan en sectores críticos e servizos esenciais.
Ten como obxectivo reforzar a ciberseguridade na Unión Europea, obrigando ás entidades esenciais e importantes a aplicar medidas de protección máis estritas e a informar sobre incidentes relevantes. Busca garantir a resiliencia das infraestruturas críticas e mellorar a cooperación fronte ás ameazas cibernéticas en toda a UE.
O prazo de transposición da Directiva era o pasado mes de outubro de 2024. En España xa se presentou un anteproxecto de lei, que parece amosar xa de maneira case definitiva o contido da Lei en España.

Hai 18 sectores aos que se aplica, divididos entre sectores de Alta Criticidade e outros sectores Críticos.
Se a túa empresa está nun destes sectores, debes comprobar cales son as túas obrigas:
Transporte, banca, infraestruturas dos mercados financeiros, sector sanitario, auga potable, augas residuais, infraestrutura dixital, xestión de servizos TIC (de empresa a empresa), entidades da Administración pública, excluíndo o poder xudicial, os parlamentos e os bancos centrais, espazo, servizos postais e de mensaxería, xestión de residuos, fabricación, produción e distribución de substancias e misturas químicas, producción, transformación e distribución de alimentos, fabricación, proveedores de servizos dixitais e investigación.
Se a túa empresa non está nestes sectores, depende do tamaño:
- Mediana empresa: 50-250 traballadores e volume de negocio anual que non exceda os 50 millóns de euros ou o balance xeral anual que non exceda os 43 millóns de euros.
- Grande empresa: >250 traballadores e volume de negocio anual superior a 50 millóns de euros ou o balance xeral anual que sexa superior aos 43 millóns de euros.

Que busca a lei
- Mellorar a resiliencia cibernética e a capacidade de resposta a incidentes
- Establecer procesos e políticas para a xestión de riscos de seguridade
- Dispoñer de medidas para minimizar as consecuencias de incidentes
- Garantir a protección adecuada dos datos e sistemas críticos
- Concienciación do persoal das empresas implicadas
- Mellorar as cadeas de suministro de cara as propias empresas e ao público.

- Entidades esenciais: Ata 10 millóns de euros de sanción ou o 2 % do volume de negocio anual total a nivel mundial da empresa, optándose pola contía maior.
- Entidades importantes: Sancións de ata 7 millóns de euros ou o 1,4 % do volume de negocio anual total a nivel mundial da empresa, optándose pola contía maior.
Pode chegar a prohibir o exercicio de funcións directivas ao responsables das empresas esenciais.

Un decálogo para facilitar o traballo
A través dun enfoque estruturado e sistemático, a organización poderá cumprir cos requisitos legais e protexer os seus activos críticos fronte ás ameazas cibernéticas.
Desde PuntoGal recomendamos:
Co apoio de:

