Hoxe falamos co equipo de manchea.gal, unha imprenta de tipso móbiles co taller na Coruña, que veñen de faceer o gráficos para o concurso de microrrelatos de PuntoGal.
Pregunta: Bos días, contádenos un pouco quen sodes en manchea.gal e que facedes.
Resposta: Somos un colectivo de dúas persoas apaixonadas pola tipografía móbil e o mundo da imprenta tradicional. Traballamos no campo das artes gráficas tentando sempre apostar por procesos artesanais.
P: Por que elixistes manchea.gal como nome para a vosa marca e para a vosa web?
R: Elixir un nome parécenos unha das cousas máis complicadas que hai. Acabamos escollendo manchea porque hai unha manchea de cousas que nos interesa facer (o relacionado coa imprenta, pero tamén o traballo co metal, coa madeira, e en xeral calquera procedemento vinculado ao traballo coas mans).
P: Cales son os vosos plans de futuro? Cara onde queredes ir?
R: Os nosos plans de futuro consisten en seguir polo mesmo rego no que xa estamos, por unha parte, seguir traballando na produción de libros, polo que supoñen como método de difusión de coñecemento e polo atractivo que para nós teñen como obxecto. Tamén queremos continuar traballando de algún xeito en rede, colaborando con outras persoas e outros colectivos en proxectos comúns e por último, desenvolver máis o labor didáctico con talleres que permitan achegar as artes gráficas a quen o desexe.
P: Que pensades que vos ofrece o dominio .gal? E porque elixíchedes o .gal?
R: Escollemos puntogal porque un dos nosos principios primordiais é traballar desde o local. Manchea é un proxecto que nace e se desenvolve de acordo ao contexto no que moramos, puntogal axuda a que a xente nos sitúe nese contexto a primeira vista. Ademais, por pura lóxica Galiza e a cultura galega, en pleno século XXI, teñen que ter presenza nas redes.
P: Tedes algo que queirades comentar aos visitantes de dominio.gal?
R: Non, só reivindicar os proxectos “feitos á man” e cheos de talento que hai no país.