M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

12/07/22
Léocho.gal, unha nova forma de achegarte á lectura

Os audiolibros nunca estiveron tan cerca. Hoxe falamos con Léocho.gal,unha editorial de audiolibros galega que fai posible que poidas escoitalos en calquer momento e lugar.

Pregunta: Contádenos un pouco, quen sodes en leocho.gal e que facedes?
Resposta: En Léocho polo de agora son eu, Ramón Romero Nogueira, xornalista e locutor. Conto coa colaboración da miña parella, Silvia Fernández Chaves, que é filóloga galega. En Léocho queremos achegar á literatura galega producindo audiolibros para que as persoas poidan consumilos onde e como queiran.

P: Por que usades leocho.gal para a vosa web?
R: Porque o noso público é maioritariamente galego e consideramos importante apoiar as iniciativas que xorden na nosa terra. Leocho.gal deixa claro que se trata dunha marca galega e reflicte o noso interese en traballar pola nosa lingua.

P: De onde xurdiu a idea do voso negocio?
R: Despois de estar traballando como narrador de audiolibros en castelán démonos conta que non existía unha editorial que fixese audiolibros en galego e decidimos montala nós. Decatámonos de que cun ordenador, unha tarxeta de son, un micro e dende un piso de Compostela, podiamos chegar a calquera casa de Galiza.

P: Cales son os vosos plans de futuro? Cara onde queredes ir?
R: Abrimos a web con 10 títulos no catálogo. A nosa pretensión é ir aumentándoo de maneira regular, ata que, co tempo, poidamos ofrecer unha maior variedade de autores e converternos nun referente para os consumidores de audiolibros en Galiza.

P: Onde traballades principalmente e cales son os vosos proxectos?
R: Como tanta xente nestes tempos, a nosa casa convertiuse na nosa oficina polo teletraballo, por iso nos lanzamos á piscina con este proxecto, coa esperanza de que leocho.gal nos permita vivir como realmente queremos, disfrutando das nosas paixóns, que son a lingua e a literatura galega .

P: Que pensades que vos ofrece o dominio .gal?
R: Un punto diferenciador que define a nosa procedencia e as nosas ganas de traballar por Galiza.

P: Se hai algo máis que queirades comentar aos nosos lectores, este é o lugar.
R: Animámosvos a botarlle unha ollada ao noso catálogo e agardamos que vos gusten os nosos audiolibros tanto como a nós facelos.

Compartir

Compartir