Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

16/10/23
ICANN celebra o seu 25 aniversario

ICANN, entidade que xestiona a administración de internet, fixo o pasado 30 de setembro 25 anos. PuntoGal acudirá a próxima reunión da entidade que se celebra en Hamburgo a fináis de mes.

16 de outubro de 2023 | A ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers)  é unha organización sen ánimo de lucro de orixe estadounidense que opera internacionalmente.

Foi creada para responder ante a necesidade de xestionar a administración de internet e os nomes que a conforman.

A ICANN foi fundada el 30 de setembro de 1998, e orixinalmente estaba formada por 3 organizacións de apoio, que eran a ASO (Address Supporting Organization), a PSO (Protocol Supporting Organization) e a DNSO (Domain Names Supporting Organization). Neste 2023 está a celebrar o seu 25 aniversario, e como dixo Tripti Sinha, Presidenta da Xunta Directiva da ICANN na nota emitida para tal evento “Nos últimos 25 anos, a ICANN foi un exemplo de colaboración mundial, defendendo firmemente o principio un mundo, unha internet”.

Cada ano fánse máis de 300 reunións internacionais públicas en diferentes partes do globo, que duran de 4 a 6 días. A estas están invitados os membros da comunidade internacional da ICANN.

A próxima reunión xeral terá lugar en Hamburgo, Alemaña, e será a edición número 78, considerado un alicerce significativo para ICANN e unha oportunidade importante para a organización e as partes interesadas para reunirse e discutir o futuro de internet.

A reunión que terá lugar do 21 ao 26 de outubro, no CCH-Congress Center Hamburg, reunirá a participantes dos diferentes sectores do mundo da internet, e PuntoGal acudirá en representación do dominio .GAL (como xestora do mesmo), e como parte dos grupos da gobernanza de Internet dos que forma parte, RySG e os GeoTLD Group. A entidade aproveitará para reunirse coas entidades máis representativas e tentar buscar puntos de traballo en común.

O Grupo dos GeoTLD tamén aproveitará a ocasión para facer unha reunión e poñer ao día a axenda da entidade.

PuntoGal, como entidade representativa do dominio galego de internet, e unha representación da xunta directiva da man do vicepresidente da entidade, Camilo Regueiro e a secretaria, Edita de Lorenzo, acudirán tamén a visitar a Casa de Galicia en Hamburgo, para expoñerlle o seu proxecto e falar da situación do dominio e o que representa para a comunidade galega, non só en Galicia, senón tamén no exterior.

Compartir

Compartir