LibreOffice é un conxunto de programas ofimáticos preparados para procesar textos, presentacións, follas de cálculo, gráficos, bases de datos e unha suite moi completa e que se actualiza constantemente. Ademais é de fonte aberta e de balde, e está dispoñible para Windows, Mac e Linux.
1.- Descargar LibreOffice desde a web do proxecto: https://gl.libreoffice.org/
2.- Descargar o paquete de idioma galego para Windows (64 bits) e descargar na carpeta de ficheiros do programa

3.- Abrir o arquivo de instalación e escoller o tipo de configuración


4.- Ao rematar a instalación pedirá reiniciar o sistema

5.- Agora tes que abrir a aplicación LibreOffice. Se non o ves en galego, debes activalo en”Language Settings”

6.- Se pechas e abres outra vez a aplicación, xa estará dispoñible en galego, incluíndo os dicionarios de corrección.



