Windows é un sistema operativo comercial que ven cargado por defecto na maioría dos ordenadores que se poden comprar. Dispón de múltiples versións para distintos usos. Estes son os pasos a seguir para configurar o teu Windows en galego: 1.- Abrir a configuración
2.- Ir á lapela «hora e idioma»
3.- Seleccionar «idioma» 
4.- En «idiomas preferidos» agregar o idioma galego e darlle a «idioma predeterminado para windows» 
5.- Reiniciar o equipo para gardar os cambios



