Windows é un sistema operativo comercial que ven cargado por defecto na maioría dos ordenadores que se poden comprar. Dispón de múltiples versións para distintos usos. Estes son os pasos a seguir para configurar o teu Windows en galego: 1.- Abrir a configuración 2.- Ir á lapela “hora e idioma” 3.- Seleccionar “idioma”
4.- En “idiomas preferidos” agregar o idioma galego e darlle a “idioma predeterminado para windows”
5.- Reiniciar o equipo para gardar os cambios