Office, de Microsoft, é un conxunto de programas ofimáticos preparados para procesar textos, presentacións e follas de cálculo. É practicamente o estándar na meirande parte das oficinas do mundo, e dispón de múltiples versións para consumidores individuais, colectividades ou estudantes. Está dispoñible para Windows e Mac.
1.- Descarga o “Office accesory Pack: galego” desde a web de Microsoft : https://microsoft,com/gl-ES
2.- A descarga farase automáticamente, no caso contrario preme a ligazón que di “Click here”
3.- Ao rematar a descarga, selecciona “Executar”
4.- Para mudar o idioma inicia “Preferencias de idioma” de office e na lista de escoller idiomas de edición, selecciona o galego e preme o botón de “Establecer como predeterminado”.
5.- Escolle tamén o galego como idioma da interface de usuario e da Axuda, e preme o botón de “Establecer” como predeterminado.