Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

24/02/23
Coñece MUVI, a única fundación adicada á historia do videoxogo

A industria dos videoxogos estase a converter nun dos sectores máis importantes dos últimos anos, contando con numerosas plataformas e representantes moi populares que se fan oco entre as demais industrias culturais.

Desta forma nace, en 2020, a Fundación MUVI (Fundación Museo do Videoxogo de Galicia), co obxectivo de presentar o mundo do videoxogo como un espazo máis no eido da cultura, e explicar o pasado, presente e futuro da industria de maneira transversal para todo o público. Falamos con Jacobo Martínez Nieto para coñecer de primeira man o funcionamento desta organización.

 

Pregunta: Que é a Fundación MUVI?

Resposta: A Fundación MUVI é primeira e até o momento a única en España adicada en exclusiva á historia do videoxogo. Unha organización recoñecida de interese galego pola Xunta de Galicia en 2020, e que xa se atopa adscrita ao Protectorado da Consellería de Turismo e Cultura.

 

P: Cales son on principais obxectivos da Fundación?

R: A Fundación, que administra entre outros proxectos o “Museo do Videoxogo”, ten por unha banda a visión de analizar a historia do videoxogo como algo continuo e vivo, onde pasado e presente son elementos comúns que sempre apuntan ao futuro, e por outro a vontade de presentar o mundo do videoxogo ao público como unha forma de expresión cultural máis, coa rigorosidade que se merece e de forma transversal a toda a poboación.

 

P: Que tipo de actividades realiza MUVI?

R: As actividades da Fundación baséanse na colaboración con diversas entidades galegas, como no proxecto “Gañando o Futuro”, sobre o bo uso dos videoxogos, o seu potencial educativo no ensino, con mestres e titores xunto coa Universidade de Vigo de Galicia. Pero tamén participamos co MARCO e a Fundación Carlos Casares, na súa edición anual de las Xornadas sobre Videoxogos e Literatura, co Concello de Pontevedra no Salón do Libro, coa Universidade da Coruña, mediante unha exposición virtual sobre “Mujeres detrás de los Videojuegos”, coa Revista Morcego na revista “O Papagaio”, e tamén traballamos no proxecto de investigación “Estudios intermediales comparados: de las narrativas interactivas a las experiencias virtuales” dirixido polo profesor Antonio J. Gil da Universidade de Santiago de Compostela.

 

P: E na actualidade, que proxecto a desenvolver pola Fundación pódese destacar?

R: O proxecto “Avoo”, xunto con Iseltec SL, un videoxogo ambientado en Galicia, enfocado ás persoas da terceira idade e familias, cun compoñente social e interxeracional indiscutible, que xa superou a súa fase alpha e continúa en proceso de desenvolvemento.  Ademais, a Universidade de Vigo, co seu Título de Especialista en Traducción para la Industria del Videojuego (ETIV), está a levar a cabo a traducción e localización do videoxogo.

 

P: En que consiste o Museo do Videoxogo?

R: Dende febreiro de 2019, o Museo do Videoxogo é un centro de operacións que supón a primeira exposición permanente de videoxogos creada en Galicia e probablemente en España. En 2022 consolidouse como un centro de preservación con espazo para amplas exposicións cambiantes sobre o medio, aulas e áreas de divulgación para o desenvolvemento de proxectos no campo do videoxogo e con capacidade para máis de 100 persoas. O MUVI conta con unha importante cantidade de fondos, a inmensa maioría en perfecto estado de conservación, de alto valor histórico e económico que se achega aos 100.000€, segundo un informe pericial externo e independente.

 

P: Como vedes o futuro do Museo e a Fundación en Galicia?

R: O noso proxecto é xove, dende un punto de vista económico aínda humilde, sen embargo o recoñecemento institucional galego e de outros actores relevantes no mundo da cultura e industria galegas son avais suficientes para confiar no futuro, un futuro cunha presencia pública máis intensa e un Museo do Videoxogo máis ambicioso no que buscamos colaborar coas administracións e outras entidades na nosa vocación de achegar a tecnoloxía e a cultura á sociedade.

Compartir

Compartir