Blacknight é unha empresa que leva anos no mundo da internet. Michele Neylon, un dos seus responsables, fálanos sobre eles.
Pregunta: Que é Blacknight?
Resposta: Somos o provedor de hosting e rexistrador de nomes de dominio máis grande de Irlanda. Ofertamos hosting web, servizos de correo electrónico así como servidores dedicados e banda ancha ao público en xeral e compañías en Irlanda e por todo o mundo.
P: Onde estades situados?
R: Estamos situados en Carlow, Irlanda, que é unha pequena cidade rexional preto dunha hora ao sur de Dublín.
P: Canta xente traballa alí?
R: Temos arredor de 50 persoas no equipo nunha variedade de postos tanto técnicos como non técnicos.
P: Que é o que fai exactamente un rexistrador como Blacknight?
R: Nós provemos a xente e as empresas con todas as ferramentas precisas para montar e xestionar a súa presenza online. Desde rexistrar un dominio, a configurar un correo, construír unha web e comezar a vender en liña, ofrecemos tódolos servizos que un negocio precisa.
P: Porque son os geoTLDs importantes?
R: En moitos aspectos un geoTLD como o .gal enche un oco no mercado. Mentres .com é global e o .es é para España, non había ata agora espazo para Galicia.
Os geoTLD como o .gal, son unha gran maneira de construír comunidades en liña sobre rexións , linguas e culturas particulares. Ser capaz de expresar a túa identidade cultural en liña é un dos moitos beneficios da era dixital. O espazo de nomes do .gal foi estruturado para prover aos galegos e á súa lingua e cultura, dun fogar dixital único.
P: Que consellos podedes dar a compañías para estar en liña?
R: Non esperedes. Facédelo agora. As ferramentas dispoñibles para estar en liña son fáciles de conseguir e non son caras. Non tes que ser un técnico para configurar unha web. Non tes que gastar miles de euros para ter unha presenza online funcional. Non importa que tipo de negocio tes, pero precisas ter unha presencia en liña baixo o teu control. A xente espera que unha compañía teña a súa propia web, se non a tes os teus competidores estarán a quitarche negocio. As compañías como a nosa, ofrecen custos efectivos e ferramentas fáciles de usar para axudarche a comezar rápido e facilmente.