Hoxe falamos con Belém Tajes, cantante, compositora e especialista en Musicoterapia. Esta artista nada en Bos Aires, ten participado en varias formacións musicais.
Pregunta: Quen es e que fas?
Resposta: Son Belém Tajes, son cantante e música.
P: Un pequeno resumo da túa historia e dos teus principais traballos ou actividades neste tempo
R: Pois cantei en varias formacións como Vudú, Aliboria e fixen a xira de 30 aniversario con Luar na Lubre. Recentemente saquei o meu primeirosingle en castelán ” Pájaro negro” acompañado do videoclip protagonizado por Xosé A. Touriñán. Agora estou promocionando dende a web, o meu primeiro libro disco chamado “Cantos do mar de Irlanda”.
P: Cales son os teus plans de futuro? Cara onde queres ir?
R: A idea é sacar un primeiro disco este ano.
P: Cal é a túa web? Por que elixiste ese nome? E por que prefires o dominio .gal?
R: A miña web é www.belemtajes.gal e elexín o dominio .gal porque creo que identifica o lugar onde vivo e creo.
P: Que pensas que te ofrece o dominio .gal?
R: Creo que ofrece identidade, ofrece unha imaxe de comunidade que é moi importante que estea activa e tamén é mostra dun tecido empresarial importante.
Non só é unha cuestión de identidade, senón que utilizar un .gal é sinónimo de potencia, de creación e actualización.