Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

26/01/22
Arsys, un rexistrador histórico con máis de 25 anos de experiencia

Con máis de 25 anos de experiencia no mercado IT, Arsys é unha compañía española que forma parte do grupo United Internet, a maior organización europea de servizos de hosting e solucións de infraestrutura IT. A súa sede principal está en Logroño e teñen oficinas en Madrid, Barcelona, Sevilla, Bilbao e Valencia. Ten máis de 360 empregados e 290.000 clientes. O seu obxectivo é axudar ás empresas a culminar os seus procesos de transformación dixital.

Arsys lidera o mercado profesional español de servizos de presencia en Internet (dominios, correo electrónico, páxinas web, tenda online, hosting), Cloud computing e solucións de infraestrutura IT (IaaS). Está especializada no deseño de proxectos cloud personalizados (público, privado e híbrido, DaaS backup e almacenamento cloud, seguridade xestionada, kubernetes xestionados), dirixidos a empresas de todos os tamaños e coas máximas garantías de dispoñibilidade, rendemento, seguridade. O compromiso dos seus clientes, aos que acompañan en todas as etapas da súa dixitalización, desde a consultoría inicial ata a posta en marcha definitiva, é unha dos seus principais acenos de identidade. Todo isto co mellor soporte empresarial do mercado.

En 2010, Arsys puxo en marcha a primeira plataforma de cloud hosting europea e figura entre as compañías líderes en tecnoloxía e innovación do noso país. Actualmente xestiona máis de 145.000 servidores (físicos e virtuais) e o seu centro de datos conta cun deseño innovador que permite axustar e adaptar a súa infraestrutura ao crecemento da propia compañía, a demanda de servizos e a coxuntura económica. Conta, entre outras, coas certificacións Tier III (Uptime Institute, garante unha dispoñibilidade do 99,982%), ENS (Esquema Nacional de Seguridade), ISO 9001 (calidade), ISO 27001 (seguridade) e Cloud Infraestructure Operations Services de SAP. A compañía tamén mantén convenios de colaboración con centros universitarios e educativos.

En Arsys preocúpanos o medio ambiente, a seguridade e a privacidade dos datos dos nosos clientes e facer negocios baseados na ética. Cremos que o crecemento económico ten que respectar a saúde do planeta, axudar a reducir as desigualdades e propiciar o benestar social, por iso a sustentabilidade é unha das chaves da nosa estratexia. Combinamos todos os recursos tecnolóxicos para ofrecer os servizos máis eficaces cos máis elevados ratios de eficiencia enerxética, propiciando o consumo responsable de recursos e diminuíndo a pegada de carbono que xeramos. O noso datacenter funciona con enerxías 100% renovables desde 2015. Conta coa certificación ISO 50001, que distingue ás organizacións que incorporan sistemas que minimizan a emisión de gases de efecto invernadoiro.

Falamos con María Garcia, Directora SMB online sales

Que valor lle da a unha empresa ou institución dispor do seu propio dominio?

É esencial ter un dominio: é o enderezo da nosa casa na Internet e o primeiro chanzo para ter unha web e un correo profesional. Ter presenza online é importante se queres ver crecer as vendas da túa empresa, conseguir novos clientes ou presentar os teus produtos ou servizos ao teu público de forma eficaz. E calquera empresa, institución ou particular que queira estar en Internet precisa un dominio que sitúe a súa páxina web no mapa de Internet e guíe aos usuarios cara ela. Ademais, tamén é unha forma de protexer a túa marca en Internet e evitar intentos mal-intencionados de suplantación de identidade online.

Por iso é moi importante dar co nome de dominio adecuado. No mellor dos casos poderá incluír o nome da empresa ou palabras relevantes do noso negocio e influír incluso no posicionamento SEO da nosa propia web. Se usamos o nome da marca como dominio será máis sinxelo que cumpramos coas expectativas dos nosos visitantes e, polo tanto, conseguiremos unha baixa taxa de rebote e que o usuario permaneza na páxina máis tempo, dos factores importantes cando falamos de posicionamento web.

Que atributos fan que un dominio como .gal poida ser recomendable para unha entidade en Galicia? Por que apoiades ao dominio incluíndoo entre os que vendedes?

As extensións locais axudan a que un negocio se identifique facilmente co lugar onde se desenvolve e funcionan como vehículo de identidade compartida cos seus propios clientes. Pero ademais destes elementos máis emocionais, e como sucede co propio nome de dominio, as extensións aportan unhas vantaxes innegables para o SEO da nosa web xa que dependendo de onde se atope o usuario no momento da procura, os primeiros resultados a mostrar serán os das páxinas con estas terminacións, dirixíndose, de forma directa, ao público obxectivo.

Por exemplo, se a nosa empresa se centra en dar servizo unicamente en Galicia, facer uso dunha páxina cunha extensión local “.gal” permitiranos posicionarnos máis facilmente nos resultados que fagan os usuarios galegos (localizados polo seu enderezo IP). Sen dúbida, para todas aquelas empresas que teñan interese en xeolocalizar o seu negocion son un elemento indispensable e ademais, iso non implica que non poidamos rexistrar o noso dominio coas tradicionais extensións .com ou .es.

Que recomendacións darías a unha pequena empresa que quere empezar a desenvolver o seu negocio dixital?

Trátase de comezar, apostar por algo sinxelo é o mellor punto de partida, porque todos os proxectos dixitais van poder mellorar e crecer co tempo. Como víamos antes, hai que comezar por dar co nome de dominio máis adecuado, deseñar unha web que sexa responsive e estea adaptada aos dispositivos móbiles e cumprir cun dos requisitos mínimos de seguridade.

E se, por exemplo, falamos dun ecommerce, pode ser unha boa idea non complicar ao principio o noso sitio con demasiados extras, vendas cruzadas, accesorios, cupóns ou miles de referencias. É máis práctico comezar co principal do catálogo e as opcións máis demandadas para, pouco a pouco, ir ampliando a oferta e incluíndo de forma ordenada fotografías e descricións dos produtos.

Cales son as chaves dun bo servizo de eCommerce?

Primeiro a usabilidade, logo o deseño. Esa regra ten que axudarnos a tomar calquera decisión ao respecto. Como diciamos antes, aposta por un deseño básico sobre o que ir traballando pouco a pouco, pero asegúrate de que a web funciona e é usable. Se é usable, as nosas visitas atoparan facilmente aquelo que procuran e poderán mercar, que é do que se trata, sen máis clics cos estritamente necesarios. Que sexa bonita sempre é desexable, pero no imprescindible.

Actualmente hai moitas ferramentas que nos poden axudar a montar unha tenda online sen que teñamos coñecementos técnicos, pero debemos pensar que o percorrido do noso comercio electrónico é sempre ao longo prazo. Por iso a miña recomendación é que apostemos por unha solución que nos ofreza un servizo de atención ao cliente de verdade, que non converta as túas consultas en tíckets flotantes que nunca son resoltos. En Arsys ofrecemos un servizo 24/7  atendemos máis de 1.000 consultas diarias que nos chegan por teléfono, correo electrónico ou chat. O 40% do noso persoal está nalgún dos nosos equipos de atención ao cliente. Todo iso tamén ten que ver con futuro da túa tenda online.

Que se pode facer para mellorar a seguridade e a privacidade dos usuarios?

Somos os usuarios conscientes da importancia deste tema?

A seguridade é unha das principais preocupacións das tecnoloxías. Calquera empresa ou usuario particular debería estar xa suficientemente concienciado, pero a realidade é que moitas veces se acordan de aplicar as medidas necesarias cando teñen que por remedio a algún problema máis ou menos serio.

Se por exemplo tes unha páxina web ou un comercio electrónico non podes funcionar sen certificado SSL. Ofrece aos teus visitantes un sitio web seguro onde os datos persoais viaxan sempre cifrados, mellora o noso posicionamento e lle “di” aos procuradores que se están a dirixir a unha web protexida.

Unha vez que temos ese certificado debemos asegurarnos de que todos os programas que temos instalados nos nosos sistemas e, especialmente aqueles nos que se apoia a nosa tenda online ou sitio web, están convenientemente actualizados. E, para finalizar, é imprescindible a estas alturas contar cun backup web que garanta que somos capaces de volver por en marcha o noso negocio en caso de calquera inconveniente (ciberataque, borrado accidental, etc.). Un backup que podemos facer extensivo ao correo electrónico ou ao resto da información da nosa empresa.

E, por suposto, aínda que sexa unha recomendación un pouco obvia, débense protexer os equipos e as redes informáticas con sistemas antimalware, devesas, filtros antispam, etc. Nos incluímos de serie todos eses elementos na nosa infraestrutura.

Falando de presenza na rede, moita xente pensa que un perfil en redes sociais é suficiente. Estades de acordo?

Se estamos a falar de particulares, cada caso é un mundo e creo que é difícil establecer regras universais. Agora ben, se falamos de empresas, emprendedores, autónomos, ou se a túa vida profesional depende minimamente do online, ter un dominio rexistrado e unha páxina web son dos requisitos absolutamente precisos, incluso anteriores á nosa presenza en redes sociais. Unhas redes que, por suposto, estarán perfectamente conectadas á nosa páxina web ou comercio electrónico.

Que podemos facer para atraer as xeracións máis novas ao mundo dos dominios?

A xente nova converteu as redes sociais na súa forma de estar en Internet polas capacidades de interacción que ofrecen. Pero, se tarde ou cedo precisan ter unha presenza online menos condicionada polo inmediato e onde caiban contidos máis elaborados, xa sexa por motivos escolares, profesionais ou, simplemente, para canalizar unha afección, deberán recorrer a unha páxina web e a un dominio, que, de novo, debera reflectir iso que queira mostrar. Sen dúbida se poden deseñar iniciativas que os animen a experimentar e crear o seu propio sitio web, ou incluso, pensar en novas extensións que recollan as súas motivacións e os animen a asociar o seu nome a esas terminacións.

Como está evolucionando o mercado despois da chegada da pandemia? Hai unha maior necesidade de ter presenza na rede?

Sen dúbida algunha. A pandemia acelerou en máis de 10 anos a nosa transformación dixital. Obrigou a moitas empresas a desembarcar por primeira vez en Internet ou actualizar a súa presenza online. E, sobre todo, obrigou a moitas tendas tradicionais a se reconverter e transformar os seus escaparates físicos en comercios electrónicos. De feito, cambiou o comportamento do consumidor, acelerando notablemente a expansión do comercio online en España onde, segundo un informe (European Ecommerce Report), o 70% dos usuarios de Internet xa son compradores online.

Levades 25 anos no sector. Cales son os vosos puntos fortes e que aportades aos vosos clientes despois de todo ese tempo?

Levamos 25 anos no mercado e iso convértenos nunha das compañías con máis experiencia do noso sector. Chegamos ata aquí grazas a unha oferta de solucións innovadoras e accesibles que non deixou nunca de evolucionar e que soubo adaptarse ao mercado e ás novas necesidades dos nosos clientes. Pero, sen dúbida, o noso gran elemento diferenciador é a nosa vocación de servizo, a nosa implicación nos proxectos dos nosos clientes e a dedicación dun soporte que ten o seu recoñecemento e confianza.

Que tendencias ves para o ano entrante? Máis servizos na nube, realidade inmersiva…?

O cloud é presente inmediato e tendencia de futuro. O cloud move o mundo, os negocios, a sanidade, o lecer e o entretemento, a educación… A consultora Gartner predí que ese mercado rozará a cifra espectacular de 400.000 millóns de dólares en 2022. E dentro do cloud, o seu segmento SaaS, o software como servizo, é o gran impulsor dese crecemento. Comezou sendo unha alternativa para que as Pemes accederan a determinados servizos aos que non podían alcanzar se non era en modalidade de pagamento por uso e, hoxe en día, hai un 99% das organizacións que funciona con algún aplicativo nesta modalidade de negocio.

Se falamos de tendencias, podemos falar tamén da realidade aumentada ou da realidade virtual, agora tan de actualidade. Será o 2022 o ano da súa consolidación? Certo é que este tipo de experiencias requiren de dispositivos específicos que non ten a maioría dos usuarios, pero tamén é verdade que estes cada día se van facendo máis alcanzables. Seguramente teñamos que esperar algúns anos para que nos nosos fogares estes dispositivos se convertan en algo habitual, pero o certo é que o estado da tecnoloxía a día de hoxe é perfectamente capaz de comezar a transformar o mundo da web e as experiencias online.

Compartir

Compartir