M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

09/12/21
A Parva, hostelaría e cultura.

Un verdadeiro pracer poder darvos a coñecer iniciativas como A Parva, unha iniciativa de duas xornalistas, que combina a hostelaría con outros proyectos de difusión cultural. Alba Barbadillo e Ángela F. Casal falannos de A Parva, a cantina do mercado de San Agustín na Coruña.

1.- Quen sodes e que facedes? 

Somos a cooperativa Malas Sementes, que formamos dúas xornalistas, e a nosa marca comercial é A Parva, de aí a nosa web www.aparva.gal. A Parva é un posto no mercado de San Agustín da Coruña, a cantina, na que ofrecemos comida lixeira e bebida entre as 8.30 e as 15.30 horas. O que queremos con este proxecto é ofrecer alimentación de proximidade e artesanal, para tomar na propia praza ou para levar, e tamén vender produtos para consumir na casa, desde conservas a galletas ou chocolates. Temos almorzos, pequenos bocados para media mañá e menús baseados en sandwiches, untables de legumes ou vexetais e cremas quentes ou frías, todo feito con produtos da praza. Ademais, ofertamos bebidas quentes, como cafés ou tés, e frías, como zumes, cervexas ou viños.

2. Podédesnos facer un pequeno resumo da vosa historia e dos vosos principais actividades desde que decidíchedes poñer en marcha este proxecto?

A idea naceu da saída do confinamento como xeito de mostrar nun negocio o que intentabamos levar a cabo na nosa vida: consumir mellor, comer máis san, natural e con produtos da nosa contorna e apostar pola economía circular.

Nos escasos seis meses de vida desde a apertura do posto, ademais da actividade diaria, xa organizamos unha cata de viños de Valdeorras, presentamos dous libros, organizamos unha exposición fotográfica do Festival Ffoco coa participación das compañeiras do mercado… e participamos en varios eventos gastronómicos do concello e da súa comarca.

Estamos satisfeitas co traballo e con ganas de que cada vez máis xente nos coñeza e se achegue a visitarnos no interior do mercado. Non podemos esquecer que cada vez se compra menos neste tipo de instalacións e a nosa teima é tamén convencer á cidadanía de que aquí se agocha o mellor produto.

3. Cales son os vosos plans de futuro? Cara onde queredes ir?

A nosa idea sempre foi aproveitar a nosa profesión de xornalistas para divulgar e comunicar gastronomía e produto local e tamén para conectar con artistas e coa cultura local, así que, ademais de seguir ofrecendo unha oferta hostaleira de calidade e apegada ao mercado de San Agustín, tamén nos gustaría ser referencia neste eido.

4.- Cal é a vosa web? Por que elixistes ese nome? E por que preferides o dominio .gal?

A nosa web é www.aparva.gal. Decidimos facer a web co nome do noso proxecto principal. A Parva ten dúas acepcións no dicionario da Real Academia Galega. Por unha banda é unha “comida lixeira que se fai antes do almorzo e que consiste, polo xeral, nunha copa de augardente e un anaco de pan” e, por otro, a “primeira comida do día, que se fai polas mañás”. Aínda que cos anos o uso xeralizado foise perdendo, sabemos que os mariñeiros da Coruña, e tamén outros gremios, aínda falan de ir “tomar a parva” e que aínda moitas persoas lembran escoitala nas súas aldeas e vilas, así que pensamos que o nome era axeitado para o noso posto, que ofrece bocados pequenos e lixeiros de mañá. Ademais, o xogo de palabras con ser nós un pouco “parvas” nos gustaba, para darlle un punto de humor.

Non tivemos dúbidas en elixir o dominio .gal porque a nosa lingua e a nosa cultura é parte fundamental do proxecto e queriamos que tivese presenza, xa desde a  mesma web.

5.- Que pensades que vos ofrece o dominio .gal?

Consideramos que da unha idea clara da nosa aposta polo territorio e estamos satisfeitas de que a propia asociación impulse iniciativas vencelladas á promoción da lingua.

6.- Hai algunha outra cousa cousa que nos queirades comentar?

Pois que vos convidamos a que veñades coñecer o noso posto e a súa terraza, que está dentro do mercado e que é un luxo pola arquitectura, o espazo e a luz que ten San Agustín, e que visitedes a nosa web, na que tedes algunhas das receitas que facemos a diario e onde tamén podedes ir coñecendo as nosas actividades principais. 

 

 

Compartir

Compartir