Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

23/03/21
70 ICANN Meeting ten lugar de modo virtual do 22 ao 27 de marzo

ICANN One World, One Internet

Como nas edicións anteriores e debido a situación actual derivada da crise da Covid-19, a reunión da Comunidade da ICANN, que este mes de marzo celebra a súa 70 edición, terá lugar de forma virtual ao igual que as tres reunións anteriores.  A ICANN é unha corporación sen fin de lucro, con participantes de todo o mundo dedicados a manter unha Internet segura, estable e interoperable.

A reunión terá lugar durante a semana do 22 ao 27 de marzo, e como cada ano a participación é gratuíta para o público pero será preciso rexistro para poder acceder ao foro, a través da súa páxina web icann.org, que ven de ser actualizada nas últimas semanas cunha aparencia máis moderna e atractiva, cunha mellora na busca de contidos.  O acto de benvida tivo lugar o día 22 de marzo ás 14:00 UTC.

Este foro estaba inicialmente planeado desenvolverse en modo presencial na cidade de Cancún en México, pero terá lugar virtualmente dada a pandemia ocasionada mundialmente dende hai xa un ano polo virus Covid-19.

Para poder participar tralo rexistro, pódese ver no esquema as reunións que poden ser interesantes, algunhas son privadas. A maioría das reunións usarán Zoom Meeting, cunha capacidade de ata 500 participantes e outras serán Zoom Webinars, que permiten acomodar a máis participantes. As sesións contarán con traducións en varias linguas, xa que a ICANN integrou a interpretación simultánea remota (RSI) no Zoom. Hai guías dispoñibles para axudar na participación remota en diferentes linguas. Poderase seguir nas súas redes sociais seguindo o cancelo #ICANN70 para ver as últimas reunións. Algunhas reunións serán emitidas en directo pola súa canle de YouTube.

A internet galega da man de PuntoGal contará con participación, xa que forma parte dos grupos asociados á ICANN, como membro do grupo dos GeolTlds e os RyGS (gTlD Registries Stakeholder Group), unha organización recoñecida dentro dos GNSO (Generic Names Supporting Organization). Ámbalas dúas representan os intereses dos operadores de rexistro gTLD.

Compartir

Compartir