Velaqui.gal é unha ferramenta que ofrecen PuntoGal e Dinahosting para o intercambio de arquivos ou imaxes ata 3GB de tamaño. O sistema permite compartir ficheiros en múltiples formatos así como a subida de maneira simultánea de moitos documentos na mesma solicitude.
1.- Para poder usar o servizo entra no portal velaqui.gal
2.- Introduce o teu correo electrónico no cadro “O teu email”
3.- Introduce o correo do destinatario en “Destinatarios”. Podes incluír máis de un destinatario.
4.- Podes mover os teus arquivos ou subilos dende un ficheiro á caixa “Arrastra os teus arquivos”. Podes incluír varios arquivos ata un máximo de 3GB de tamaño.
5.- En opcións avanzadas podes escoller se queres cifrar os arquivos, personalizar unha mensaxe, poñer unha data de caducidade e o número de descargas
6.- Preme no botón “Velaquí!” para crear a ligazón aos teus arquivos para compartir
7.- Unha vez creadas as ligazóns aparecerán na pantalla para que as copies e chegará un correo coas opcións para compartir e de eliminación.