PuntoGal, en colaboración cos dominios .cat, .barcelona e .eus, celebra o Día Europeo das Linguas, o vindeiro 26 de setembro, co lanzamento dunha promoción conxunta. A oferta só será válida para novos rexistros, as persoas interesadas poderán obter o seu dominio .gal (.cat, .barcelona ou .eus) por un prezo máximo de 5€ máis IVE. O período de validez da promoción transcorre dende o 21 de setembro ata o 19 de outubro de 2026. O Consello de Europa propuxo a celebración deste día no ano 2001 coa fin de concienciar aos cidadáns europeos da riqueza lingüística do noso continente, a cal serve de...