Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

28/10/25
PuntoGal participa no congreso anual da ICANN en Dublín

Dublín, 27 de outubro de 2025 | Desde este sábado 25 de outubro ata o próximo xoves 30, a ICANN celebra a súa 84ª Reunión Xeral Anual en Dublín, Irlanda, centrada no futuro da gobernanza global de Internet e nos desafíos emerxentes que a intelixencia artificial e a ciberseguridade presentan para o ecosistema dixital. 

O encontro congregará unha ampla representación da comunidade internacional para debater cuestións clave que determinarán o rumbo da rede nos próximos anos, como a seguridade e a estabilidade do DNS, o impacto dos abusos en liña nos dereitos humanos, ou as oportunidades e riscos asociados ao uso da IA na infraestrutura de Internet. A reunión combinará participación presencial e virtual, e incluirá obradoiros, foros públicos e sesións de traballo sobre políticas e innovación tecnolóxica.

PuntoGal participa na reunión como membro activo da comunidade internacional da ICANN e en representación do dominio galego de Internet. A entidade tomará parte en diversas sesións técnicas e políticas, e manterá encontros con rexistradores, dominios e organizacións colaboradoras. Ao encontro desprazaranse representantes do equipo de traballo e da Xunta Directiva de PuntoGal.

A ICANN84 en Dublín preséntase así como unha oportunidade clave para reforzar a presenza galega no ámbito global de Internet e contribuír ao debate sobre a evolución técnica, ética e política da rede mundial.

Compartir

Compartir