Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

07/11/24
PuntoGal celebra o seu décimo aniversario no Culturgal, “o lugar de encontro da cultura galega”
Entre o 29 de novembro e o 1 de decembro, a xestora do dominio galego programará na feira das culturas, en Pontevedra, actividades vinculadas á música e a tecnoloxía, cos concertos de Pava e Caamaño&Ameixeiras, as propostas para xente nova da man da Lego League, a autoedición ou unha xornada profesional sobre o futuro dos contidos en internet en galego

O presidente de PuntoGal, Manuel González, a entidade que xestiona o dominio galego .gal, participou este xoves na presentación da décimo sexta edición de Culturgal, o gran espazo de encontro das culturas galegas, que se celebrará desde o 29 de novembro ata o 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Alí estará PuntoGal, celebrando o seu décimo aniversario con música, actividades para os máis pequenos, unha batalla de debuxantes e unha xornada profesional sobre os contidos en galego.

“Este ano celebramos os 10 anos de vida do dominio .gal, un dominio de primeiro nivel que lle dá visibilidade no ciberespazo a Galicia, á súa lingua e á súa cultura. Pero non só visibilidade. Como encargada da xestión deste dominio, PuntoGal está tamén fondamente comprometida co desenvolvemento das TIC, co fomento da nosa cultura e coa normalización da nosa lingua”, sinalou González. O presidente de PuntoGal engadiu que, por ese motivo, “non tivemos dúbida ningunha en decidir que Culturgal tiña que ocupar un posto de especial relevo na celebración do noso décimo aniversario, xa que Culturgal é o lugar de encontro da cultura galega, un espazo plural, aberto e participativo, características que están tamén no ADN de PuntoGal”.

O dominio contará ao longo de toda a feira cun stand central, que será punto de información sobre cada un dos proxectos aos que presta apoio o rexistro, que van desde o Museo do Videoxogo de Galicia ata o Museo do Pobo Galego, pasando polas feiras de autoedición ou os certames literarios coa Real Academia Galega, entre outros moitos. “Estou seguro de que esta celebración vai ser unha oportunidade para aumentar o coñecemento de .gal, que debe converterse no dominio de todos os galegos e galegas, e para establecer un contacto máis directo e máis próximo coas persoas usuarias actuais, e coas que o serán no futuro, do noso signo de identidade na rede”, apostou González.

Música en galego e máis

Ademais do stand, PuntoGal terá unha presenza central en Culturgal a través da música en galego e en feminino, cos concertos do dúo de música de raíz Caamaño&Ameixeiras e da banda Pava, o proxecto sonoro da poeta e compositora Lucía Aldao, que actuarán no escenario música da feira o sábado, día 30, a partir das 19.30 horas, nunha sesión que contará con Paula Carballeira como presentadora. Nesta mesma xornada desenvolverase tamén, da man de Autobán, o seu combate de debuxantes, unha actividade onde o público poderá comprobar de primeira man a creatividade das autoras e autores e votar polo mellor lapis.

A programación, que se desenvolve baixo o lema PuntoGal presenta, inclúe, o domingo, 1 de decembro, desde as 12 horas, unha xornada profesional, con dúas mesas redondas, onde reflexionar arredor dos retos da rede para Galicia. Ademais, desde o venres e ata o domingo, o público infantil e xuvenil poderá participar nas propostas desenvolvidas en colaboración coa First Lego League, da que PuntoGal é patrocinadora nas súas últimas sete edicións, e que inclúen a presentación do proxecto gañador do “National Innovation Award”: Tocando as Meninas, Os Robots do Pazo (venres, 29, de 12.00 a 16.00 horas), o taller de programación de robots G4Z4F4NT4SM4S (sábado, 30, de 12.00 a 16.00 horas) e a demostración do “Xogo do Robot” (domingo, de 12.00 a 14.00 horas).

A presentación do Culturgal, na que participou o presidente de PuntoGal, contou tamén coa intervención do presidente da feira, Víctor López, e do seu director, Camino Franco; do director da Agadic, Jacobo Sutil; do vicepresidente Deputación de Pontevedra, Rafael Domínguez; e da concelleira de Igualdade do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías.

“Queremos que o Culturgal sexa o mellor escaparate posible para que todas as manifestacións da cultura galega atopen novos públicos”, manifestou o director da feira cultural durante a presentación, na que se deu a coñecer unha programación con máis de 200 actividades, entre as que se contan a primeira ‘Ultranoite Cultureta’ de Chévere, un concerto polos 30 anos do Bravú ou o novo espectáculo de Magín Blanco.

Sobre Culturgal

Culturgal é a Feira das Culturas Galegas. Un lugar de encontro entre os públicos e artistas, profesionais e institucións. Un espazo para poñer en contacto a creadores e compañías con profesionais da xestión cultural, programadores, empresas e institucións. Nesta décimo sexta edición, poténciase o seu carácter de escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos, sen esquecer que o gran protagonista é tamén o público que se achega á Feira das Culturas Galegas para coñecer de primeira man as novidades do sector.

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.200 dominios .gal rexistrados.

Compartir

Compartir