Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

20/03/25
PuntoGal celebra o día mundial da Aceptación Universal cunha xornada na facultade de Comunicación da Coruña

A Universal Acceptance é o principio que garante que todos os nomes de dominios e correos electrónicos na rede sexan recoñecidos e empregados correctamente, independentemente do idioma ou a lonxitude

O evento terá lugar o vindeiro venres, día 28,  na facultade de Comunicación Audiovisual do campus de Elviña desde as 10.00 horas, coa posibilidade de seguimiento en remoto para as personas que formalicen a súa asistencia no formulario de inscrición

A sesión, organizada xunto con ICANN, conta coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e mais do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación

A Coruña, 20 de marzo de 2025 · PuntoGal, a entidade xestora do dominio identificador de Galicia na rede, organiza, xunto coa ICANN, a entidade que coordina de forma internacional o sistema de nomes de dominio e asigna as direccións IP de internet, unha xornada sobre Aceptación Universal –Universal Acceptance (UA) na súa denominación inglesa–, o principio que garante que todos os nomes de dominios e correos electrónicos en internet sexan recoñecidos e empregados correctamente en todos os sistemas e aplicacións en liña, independentemente do idioma ou lonxitude. A sesión, na que tamén colaboran os colexios profesionais de Enxeñaría de Telecomunicacións e de Enxeñaría en Informática de Galicia, terá lugar o vindeiro venres, día 28, desde as 10 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Coruña, situada no Campus de Elviña da UDC. 

A inscrición, que deberá realizarse a través do formulario i.gal/ua25, permitira asistir de forma presencial ou seguir o evento en remoto, a través dun enlace que se enviará ás persoas inscritas minutos antes do inicio da mesma. 

Como salienta o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, a  Aceptación Universal “promove un internet inclusivo e accesible para todas as persoas, independentemente da súa lingua ou rexión xeográfica”. De aí súa relevancia “nun mundo globalizado onde as empresas, organizacións e usuarios e usuarias de internet veñen de culturas e idiomas diversos”. “Sen a UA, moitas destas persoas e entidades atoparían barreiras ao rexistrar dominios ou ao utilizar correos electrónicos en idiomas locais”, advierte, para sinalar que a adopción total deste principio é aínda “un desafío”, xa que moitas aplicacións e plataformas web precisan actualizar os seus sistemas para recoñecer e soportar correctamente todos os nomes de dominio e correos electrónicos posibles.

“Vivimos nun mundo plurilingüístico con millóns de falantes comunicándose nas súas linguas locais. ICANN e a súa comunidade traballan para permitir a esas persoas navegar por internet e e comunicarse de forma efectiva online,  para activar dominios e correos en linguas locais. Pero aínda que é posible ter eses dominios e correos nas distintas linguas, os softwares das aplicacións non sempre os soportan, o que obstaculiza a inclusión dixital deses usuarios e usuarias. O concepto de UA pretende facelo posible, sen importar o lugar xeográfico de procedencia ou a lingua que se empregue, o que ademais supón beneficios económicos e sociais, ao permitir a estes usuarios e comunidades acceder e conectarse con empresas, e soster  as tradicións culturais propias”, sinala  Theresa Swinehart, vicepresidenta senior de Dominios Globais e Estratexia de ICANN.

Conscientes do reto que supón a implantación completa da UA para a inclusión dixital de persoas e comunidades, ICANN e PuntoGal impulsan por segunda vez este evento en Galicia –cunha primeira edición, o ano pasado, en Vigo–, dirixido á concienciación e á resolución de dúbidas prácticas. A xornada do venres vindeiro coincide co día que se dedica a nivel mundial á UA, e que está a promover a ICANN a través do UA Steering Group, cunha trintena de accións para a difusión da importancia deste concepto en lugares como Estados Unidos, distintos países de África, Oriente Medio, América Latina, China ou Filipinas, ademais da Coruña ou Portugal. 

Programa

 A xornada, que comezará ás 10 horas no salón de graos da Facultade de Comunicación Audiovisual e se prolongará ata as 14 horas, abrirase coa intervención do vicepresidente de PuntoGal, Camilo Regueiro, e contará coa presenza dos presidentes dos Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Julio Sánchez Agrelo, e de Enxeñaría Informática de Galicia, Fernando Suárez Lorenzo. Igualmente, haberá unha representación da Universidade da Coruña. A continuación participará Geraldo Ferreira, Xestor Técnico dos programas de UA e Internationalized Domain Names de ICANN. Seguidamente, terá lugar a intervención do escritor Xavier Alcalá, doutor en Informática e enxeñeiro de Telecomunicación.

Despois da pausa do café, prevista para as 11.45 horas, intervirá Iván Luis Vázquez, vogal da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática, á que seguirá Edita de Lorenzo, profesora da Universidade de Vigo e secretaria da directiva de PuntoGal..

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.300 dominios .gal rexistrados. 

Sobre ICANN

ICANN é o acrónimo de Internet Corporation for Assigned Names and Numbers. É unha entidade sen fins lucrativos, multilateral, que organiza a concesión de dominios e de enderezos IP no mundo, dedicada a preservar a estabilidade de Internet por medio de procesos baseados no consenso.

Compartir

Compartir