M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

23/04/24
PuntoGal apoia a difusión da Aceptación Universal

A Coruña, 23 de abril de 2024 | PuntoGal ven de participar a través da ICANN no deseño dunha xornada de concienciación para a difusión da Aceptación Universal na nosa comunidade, que tivo lugar o 11 de abril na Universidade de Vigo onde os poñentes, fixeron un breve percorrido pola orixe da Internet e a significancia e importancia de aplicar a Universal Acceptance.  Nesta xornada participaron como ponentes Andrea Becalli, de ICANN, Edita de Lorenzo, profesora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da UVigo; e Javier Fernández Fraga, do Colexio de Enxeñeiros en Telecomunicación de Galicia.

Na intervención de apertura, Rebeca Díaz destacou a importancia da Aceptación Universal na formación dos estudantes e na internacionalización da UVigo, que fai que os sistemas de escrita árabes e balcánicos teñan unha presenza máis forte na escola. Deulle a benvida aos asistentes e cedeulle a palabra a Darío Janeiro.

Janeiro destacou que a celebración deste evento e outro paso no compromiso do dominio nunha rede aberta a todas as culturas e linguas e ao posicionamento do dominio como actor de referencia no campo das TIC en Galicia, e fixo fincapé en enmarcar este encontro da UA no panorama xeral dos dominios en diversas iniciativas, como as colaboracións coa GlobalCyberAlliance, o WomenforCyber ou o nodo galego de ciberseguridade ciber.gal, asegurando o papel de PuntoGal como parte da infraestructura da rede, sen esquencer o apoio a proxectos no ámbito do seu programa corporativo.

Andrea Becalli falou despois, cunha  breve presentación sobre ICANN, a súa orixe e como funciona, incluíndo o modelo de stakeholders. Describíu a forma en que funciona o DNS, por que é importante, o proceso de multi stakeholder para chegar a consenso e tomar decisións e incluso como participar en nivéis junior, unha perspectiva interesante dado o contexto universitario do acto.

Edita de Lorenzo, pola súa banda, centrouse no compoñente persoal e identitario dos enderezos electrónicos e nomes de dominio, e sobre a evolución do que estamos sendo testemuñas dunha parte máis tecnolóxica, a outra máis humana, en contacto con compoñentes culturais e sociais das civilizacións, afirmando que as telecomunicacións teñen sentido pola interacción entre a xente, así que é esencial promover o respecto pola diversiade de opinións, culturas e identidades. En palabas de Edita de Lorenzo, “por dereito natural todo o mundo debería poder expresarse no seu idioma”. No caso da Escola de Enxeñaría en Telecomunicacións, transmite eses valores diariamente, e a aceptación universal é o modo de aplicalo no traballo. Ademáis, isto é unha vantaxe competitiva para productos e solucións desenvolvidas polos graduados en enxeñaría nun mundo crecentemente globalizado.

Por último, Javier Fernández fraga, da AETG, mostrou unha visión máis técnica sobre as implicacións na escrita en código, utilizando exemplos sinxelos, principalmente na forma na que se escribe, empaqueta, encamiña, entrega, mostra e le unha mensaxe de correo electrónico, e afirmou que Internet ofrece unha oportunidade única para reunir a persoas de diferentes partes do mundo e compartir ideas e experiencias, pero para que sexa construtivo e eriquecedor, é esencial promover unha interoperabilidade dos sistemas que formente un entorno en liña inclusivo. Mediante a aceptación universal, creamos unha comunidade onde todas as voces son igualmente valoradas. “É cousa nosa, coma enxeñeiros, facilitalo”.

Compartir

Compartir