PuntoGal lanza unha promoción que permitirá mercar un dominio .gal por dous anos por 15 euros máis IVE
A promoción posibilitará rexistrar durante o mes de febreiro un novo .gal por dous anos con prezos de entre 12.95 e 15 euros máis IVE. Os rexistradores acollidos á promoción son Blacknight, Dinahosting, Entorno Digital, DonDominio, Openprovider e INWX. As condicións da promoción poden consultarse nesta ligazón ou dirixíndose directamente ás empresas rexistradoras.
Esta promoción se combina co Cuatro Concurso de Microrrelatos. A participación canalizarase a través dun novo sitio, relatos.gal, que facilitará a entrega dos textos e a cobertura dos formularios requiridos. O prazo para concursar permanecerá aberto do 1 ao 28 de febreiro de 2021, igaual que a promoción. As persoas gañadoras recibirán distintos premios tecnolóxicos –ordenadores, consolas, lectores electrónicos de libros- e relacionados coa lectura, así como dominios .gal. As bases completas e a lista de premios están dispoñibles na páxina web relatos.gal. As historias premiadas serán publicadas nas páxinas das dúas entidades organizadoras e na edición en papel da revista Luzes.
O número de dominios .gal segue a medrar e suma xa máis de 5.700 rexistros. O progresivo incremento de sitios que apostan por esta marca de identidade na Rede permitirá ir reducindo progresivamente o prezo de adquisición e renovación. PuntoGal, entidade sen ánimo de lucro, reinviste os beneficios que obtén da súa xestión en actividades de fomento da cultura, a lingua e a tecnoloxía en Galicia e en galego. A súas últimas colaboracións foron os patrocinios dos premios Spin-Off PuntoGal, que premiaron as empresas xurdidas das universidades galegas e a colaboración co UVigo SpaceLab.