Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

24/10/24
Os rexistradores, actores fundamentais para o funcionamento de PuntoGal

O dominio conta con 47 rexistradores acreditados, cos que colabora diariamente en promocións, proxectos ou resolución de incidencias

PuntoGal cumpre dez anos. Esta aventura, que xa dura un decenio, non sería posible sen o apoio e o traballo dos rexistradores. Hoxe, o dominio traballa con XX, e cada un deles é importante para nós.

Un rexistrador de internet é unha entidade acreditada pola ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) que actúa como intermediaria para a compra e xestión de dominios. ICANN é a organización encargada de supervisar o sistema global de nomes de dominio (DNS), que traduce os nomes de dominio (como exemplo.gal) en enderezos IP que os ordenadores usan para identificarse na rede.

O proceso funciona así: cando unha persoa ou empresa quere rexistrar un dominio, escolle un rexistrador acreditado. O rexistrador proporciona acceso a unha base de datos global que permite verificar se o dominio está dispoñible. Se o dominio está libre, o rexistrador rexístrao no nome do solicitante e asegura que o dominio quede vinculado ao servidor DNS correcto.

ICANN regula e supervisa este proceso para garantir que os rexistradores cumpran coas normativas establecidas, que inclúen a seguridade, privacidade e estabilidade dos dominios rexistrados. Ademais, ICANN coordina a asignación de dominios de primeiro nivel (TLDs), como .com, .org, ou .gal. A través dos rexistradores, os usuarios poden renovar os seus dominios, transferilos ou xestionalos segundo as súas necesidades.

“O traballo dos rexistradores é fundamental para o dominio”, apunta o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro. “Con eles traballamos no día a día en todo tipo de procesos, que van desde a elaboración dunha promoción, como a que imos lanzar polo aniversario, ata a resolución de problemas de titularidade, mal uso dos dominios ou accións de patrocinio ou de colaboración con múltiples proxectos”. “Os rexistradores son os nosos ollos no mercado e sempre mantiveron un nivel de apoio e respaldo ao dominio excepcional”, conclúe Janeiro.

Pola súa parte, o director de márketing, Luís Antelo, sinala que “os rexistradores son a canle de comunicación pola que vemos as novas tendencias no traballo e no negocio na nube, e os que nos dan pistas sobre os novos camiños que se van abrendo”. Por outra parte, as acreditacións de ICANN “posibilitan unha comunicación sinxela e un ambiente de cooperación xenuino: traballamos no mesmo, aínda que sexa en niveis diferentes”, comenta Antelo. 

Sen os rexistradores, a rede sería un sitio máis complicado. Así que, grazas.

Esta é a lista dos rexistradores de PuntoGal co seu enderezo web. Dádelles unha visita sempre que precisedes mercar un dominio ou calquera outro dos servizos que ofrecen:

101Domain GRS Limited: https://www.101domain.com

Acens Technologies, S.L.U: https://www.acens.com

Ascio Technologies Inc.: https://www.ascio.com

BB Online UK Ltd.: https://www.bbonline.com

Blacknight Internet Solutions Ltd.: https://www.blacknight.com

CDMon: https://www.cdmon.com

COREhub: https://www.corehub.net

Cronon GmbH: https://www.cronon.net

CSC Corporate Domains: https://www.cscdbs.com

DINAHOSTING:https://www.dinahosting.com

Domain Research, LLC: https://www.researchdomains.com

eNom, LLC: https://www.enom.com

Entorno Digital S.A: https://www.entorno.es

EuroDNS S.A: https://www.eurodns.com

Focus IP, Inc. dba Tracer: https://www.tracer.ai

Gandi SAS: https://www.gandi.net

Gransy s.r.o.: https://www.regtons.com

Hosting Concepts b.v. d/b/a Openprovider: https://www.openprovider.com

Instra Corporation Ltd.: https://www.instra.com

INWX GmbH: https://www.inwx.com

IONOS SE: https://www.ionos.com

IP MIRROR PTE LTD: https://www.ipmirror.com

Key Systems, LLC: https://www.keysystems.net

Lexsynergy Limited: https://www.lexsynergy.com

Mailclub: https://www.safenames.net

Marcaria.com International: https://www.marcaria.com

Mark Monitor Inc.: https://www.markmonitor.com

Mesh Digital Limited: https://www.meshdigital.com

Name.com: https://www.name.com

NameWeb BVBA: https://www.nameweb.biz

Net-Chinese Co., Ltd.: https://www.netchinese.com.tw

NETIM: https://www.netim.com

Network Solutions, LLC: https://www.networksolutions.com

Nominalia Internet S.L.: https://www.nominalia.com

Nom-IQ Limited dba Com Laude: https//www.comlaude.com

OVH.com: https://www.ovhcloud.com

Register.com, Inc.: https://www.register.com

Safenames Ltd.:https://www.safenames.net

Secura GmbH: https://www.domainregistry.de

Soluciones Corporativas IP, S.L.: https://www.scip.es

SW HOSTING & COMMUNICATIONS TECHNOLOGIES, S.L.: https://www.swhosting.com

Tecnocrática Centro de Datos, S.L.: https://www.tecnocratica.net

Uniregistrar Corp: https://www.uniregistry.com

united-domains GmbH: https://www.uniteddomains.de

Compartir

Compartir