Firefox é un navegador web, un programa que permite acceder a sitios web, interpretalos e mostralos en distintos dispositivos. É de balde e de fonte aberta, así que calquera pode contribuír ao seu desenvolvemento. A súa versión en galego, por exemplo, está preparada e compilada por Proxecto Trasno. Está dispoñible para Windows, Mac, Linux, IOS e Android. 1.- ir a https://www.mozilla.org/gl/

2.- Darlle ao enlace de descarga e gardar o arquivo execulable 3.- Darlle permiso para facer modificacións no dispositivo
4.-Aí comezaría a instalación, no caso de teres instalado o Firefox faría unha actualización
5.- Unha vez instalado abrirase o teu navegador Firefox
6.- Xa estás navegando na rede en galego 7.- Se ademais queres instalar un corretor de galego, podes facelo desde esta ligazón: https://addons.mozilla.org/es/firefox/addon/corrector-de-galego/
8.- Unha vez que visitas esa web (usando xa o fFrefox), só tes que darlle ao botón de instalar e seguir as instrucións. 9.- Xa instalado, so hai que activalo no menú. Cando escribas no navegador (no webmail, nas redes sociais), sinalará os erros en galego e che fará suxestións para corrixilos.