Firefox é un navegador web, un programa que permite acceder a sitios web, interpretalos e mostralos en distintos dispositivos. É de balde e de fonte aberta, así que calquera pode contribuír ao seu desenvolvemento. A súa versión en galego, por exemplo, está preparada e compilada por Proxecto Trasno. Está dispoñible para Windows, Mac, Linux, IOS e Android.
1.- ir a https://www.mozilla.org/gl/
2.- Darlle ao enlace de descarga
3.- Abrir a imaxe de disco, que estará na carpeta de descargas. Vaise abrir no escritorio, con esta imaxe:
4.- Botar a icona de firefox no cartafol de aplicacións
5.- Unha vez copiado, xa podes expulsar o disco do escritorio
6.- Podes buscar a icona na carpeta de aplicacións e pulsar para abrir o navegador:
7.- Xa estás navegando na rede en galego
8.- Se ademais queres instalar un corretor de galego, podes facelo desde esta ligazón: https://addons.mozilla.org/es/firefox/addon/corrector-de-galego/
9.- Unha vez que visitas esa web (usando xa o firefox), só tes que darlle ao botón de instalar e seguir as instrucións.
10.- Xa instalado, so hai que activalo no menú. Cando escribas no navegador (no webmail, nas redes sociais), sinalará os erros en galego e che fará suxestións para corrixilos.
11.- Es dos que usan Apple para todo? Queres usar tamén o navegador en galego no teu iPhone? Para iso temos outra guía, que podes consultar en dominio.gal/guias