M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

21/10/22
ICANN celebra o Mes Europeo da Ciberseguridade

Co gallo da celebración do Mes da Ciberseguridade da Unión Europea cada outubro, a ICANN aproveita para destacar as formas nas que axuda a que os DNS sexan máis seguros para todos publicando unha serie de artigos sobre o tema.

Destacan temas como o informe de actividade de Uso Indebido de Dominios (DAAR coas súas siglas en inglés) que é un sistema para estudar e informar de ameazas á seguridade e rexistro dos nomes de dominio. O seu principal obxectivo é desenvolver unha metodoloxía sólida, confiable e reproducible para analizar as ameazas á seguridade.

Un sistema que recopila os datos dos TLD e os complementa con bases de datos de ameaza de seguridade, de lista de bloqueo de reputación (RBL), así os datos son proporcionados por provedores externos e os dominios a través de diferentes metodoloxías. Así temos datos que proveñen de ameazas de seguridade identificadas como phising, malware, spam e botnet.

Os datos poden ser utilizados estatísticamente para estidar e informar os datos de rexistro ou o uso indebido por parte dun rexistro. Deste xeito xeranse estudos mensuais cuns informes que poden ser utiles para os TLD ao mesmo tempo que queda como base cronolóxica.

Outro dos proxectos, iniciativa da Oficina do Director de Tecnoloxías (OCTO) é o DNSTICR, destinado a estudar os rexistros de nomes de dominio relacionados coa pandemia da COVID-19 para detectar casos de accións de malware e phising. Pódese consultar a información sobre o seu funcionamento nesta ligazón.

Entre as medidas tomadas pola ICANN en manter unha Internet segura tamén se atopan as Extensións de Seguridade do Sistema de Nomes de Dominio que loita pola adopción de tecnoloxía que reforce a autenticación no DNS con sinaturas dixitais, que permie aos rexistrantes que asinen dixitalmente a información que ingresan no Sistema de Nomes de Dominio.

É moi importante para que a Ciberseguridade funcione, que todos os actores implicados aporten os seus coñecementos por iso o Intercambio de coñecemento e instauración de normas para a seguridade do DNS e da asignación de nomes, promove melloras nas prácticas neste eido. Para isto a ICANN apoia un programa, o KINDNS, focalizado na mellora das prácticas operacionais e de seguridade do DNs, coa colaboración dos operadores de DNS. O seu equipo céntrase en tres áreas: promover activamente a adopción pola comunidade de operadores, solicitando e ofrecendo comentarios para identificar as mellores prácticas e desenvolvendo ferramentas de autoevaluación.

Fonte ICANN.org

PuntoGal como parte da industria de Internet, está moi involucrado nestes temas de seguridade na rede, traballando activamente e compartindo experiencias. Destacando o feito de que forma parte do Ciber.gal, que é o nodo galego de seguridade que aposta por unha contorna dixital segura e a Global Cyber Alliance (GCA), a organización internacional creada en 2015 para afrontar os riscos cibernéticos e facer da rede un lugar máis seguro. O dominio foi primeira entidade galega en sumarse a esta alianza global, dentro da súa política de reforzar a seguridade do ámbito dixital.

Compartir

Compartir