M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

25/11/20
Ferramentas .gal

Cada vez facemos máis cousas na web, e cada vez máis complicadas. Por iso, cando temos ferramentas que nos fan a vida un pouco máis sinxela, as agradecemos de verdade.


En PuntoGal, traballando con Dinahosting, un dos noso rexistradores, temos un par de trebellos que vos poden axudar no traballo da rede. Son doadas de usar, non andan dando voltas ou abrindo fiestras que non son necesarias e están libres de publicidade, así que tamén se poden usar en contextos profesionais sen temor a meter a pata.
En primeiro lugar temos un acurtador de direccións web. So temos que coller unha desas que non colle en ningún sitio porque se extende por centos de caracteres e ir a i.gal.

Aí poderemos elixir a dirección que prefiramos e ademais poderemos facer un seguimento da cantidade de veces que se visitou, administrala e mesmo borrala cando prefiramos que desapareza.
Cada vez nos pasa máis: temos arquivos que queremos compartir pero non nos collen no correo. Fotos, filmacións, arquivos de son, arquivos do traballo ou cousas para clase. E como cada vez teletraballamos máis, non sempre temos a rede da empresa ou da escola accesible desde o sitio no que estamos. Para eses casos, e para envíar arquivos de ata 3GB e que se recollan ata dúas semanas máis tarde, o mellor e usar velaqui.gal. Probádeo e veredes.

En PuntoGal seguimos pensando en ferramentas para axudarvos co voso traballo. Se tedes calquera idea, non tes máis que contala a info@dominio.gal.

Compartir

Compartir