M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

Feliz Samaín!
PuntoGal quere celebrar a chegada do outono e o inicio do curso escolar cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes desde o día 3 e ata o 17 de outubro.

Para poder aproveitar a promoción, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Blacknight, Dinahosting, INWX, Radia.Cloud, Openprovider, Arsys e CDMon que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades. Toda a información atópase na páxina www.dominio.gal/promocions/.
PuntoGal, que xa supera os 6.500 dominios rexistrados, segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran visibilizarse na rede como parte da comunidade galega poidan facelo cun prezo competitivo.

O dominio ampliou o seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Nesta liña figura o apoio a proxectos como o certame Spin-Off PuntoGal, o concurso de relatos coa RAG, a colaboración coas seleccións galegas de fútbol gaélico, o patrocinio de contidos en galego na rede ou a colaboración co Museo do Pobo Galego, por citar só algúns casos. O dominio forma parte, igualmente, da Asociación internacional de dominios Geotlds, ademais de estar integrado no RYSG Group e manter unha presenza activa nas actividades da ICANN, organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial.
Máis información en www.dominio.gal ou no 670226268.

8,49
10
10
10
10
10
10