Ás veces non sabemos como se di unha palabra en galego ou se un termo está escrito correctamente. Para solventar isto existen recursos lingüísticos online que nos axundan á hora de traducir do castelán.
Rinoceronte Editora puxo á disposición da cidadanía un recurso en liña que fai esta función, o Dicionario castelán-galego que xa conta con máis de 30.000 termos.
Seguir a ligazón rinoceronte.gal/diccionario/ e introducir a palabra en castelán para atopar o equivalente en galego premendo a lupa para a procura
O servizo non só ofrece a tradución do termo senón tamén o tipo de palabra que é e no caso de ter diferentes significados, explicación dos seus usos, ao corpo léxico engadímronlle ademais abundante fraseoloxía asociada.
Premendo o “i” que aparece na parte baixa ou dereita da pantalla, engadiravos a información referente ao diccionario
Aquí tamén podedes atopar un glosarío que vos axudará a comprender mellor as abreviaturas