Twitter é un servizo de microblogging e unha rede social na que postear mensaxes curtas, ler as dos teus contactos e reaccionar. Aínda que pareza pouca cousa, con centos de millóns de usuarios interactuando en tempo real, é unha das plataformas máis activas da rede.
Se queres configurala en galego, ten en conta que só se pode facer desde a versión web de Twitter.
1.- Entrar no teu perfil de twitter
2.- Preme en «More» da parte esquerda da pantalla.
3.- No menú despregable, selecciona «Settings» and «privacy».
4.-A continuación en «Settings» selecciona «Account Information» e introduce o teu contrasinal.
5.-Para finalizar busca no novo panel «Languages» e en «Display language» escolle «Galician (beta) – galego».
Guía aportada por Carlos Vieito.