M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

16/08/21
Entrevistamos a Ramona do Curral, de #FainoEnGalego

Hoxe falamos con Ramona do Curral, voceira de #FainoenGalego, unha iniciativa que busca animar ás entidades deportivas galegas a usar a nosa lingua na súa comunicación, nomeadamente nas redes sociais.

– Ramona, como naceu a iniciativa?

– Co cambio no equipo de comunicación do Celta, que se decantou polo castelán maioritariamente cando iso non era o habitual. Ocorréuseme o cancelo #CeltaenGalego e pedirlle aos meus contactos que o secundasen en cada chío que non fose na nosa língua. Todo o demais, sorprenderiate.

-Canta xente hai detrás de todo este traballo.

– Moita. Cando vin toda a xente que se sumaba á campaña do Celta entendín que podiamos facer algo máis grande e de aí vén o resto. Foi un traballo de contactos de contactos, tanto formando parte do grupo coma apoiando dende fóra,  que se foron engadindo á causa, descoñecidos uns dos outros pero que xuntaron esforzos no obxectivo común.

– Houbo algún punto de inflexión que quixeras salientar?

– Dous: a resposta positiva da maioría dos clubes interpelados e a de todas as caras coñecidas de diferentes ámbitos que nos mandaron os seus vídeos sen máis compromiso que defender iso que nos une, a língua galega que, pese ás lúgubres estatísticas que sempre a acompañan, esta iniciativa deixou patente que non morrerá nunca, que paga a pena loitar por ela e que o deporte é un gran medio para facelo e chegar, sobre todo, ás crianzas que nel comezan a medrar.

– Cara a onde van as seguintes accións?

Coido que o cancelo do #FainoEnGalego perdurará no tempo e será empregado en moitas outras reivindicacións. Non hai máis que ver coma xa fan uso del persoas que nada tiveron que ver coa campaña pero que entenderon a forza da mensaxe. A iniciativa ten data de peche, e será o tempo quen diga se pode orientarse cara outros derroteiros, aínda que agora mesmo non se contemple.

Compartir

Compartir