Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

29/11/24
Culturgal, “núcleo principal do festexo” do décimo aniversario de PuntoGal

O presidente de PuntoGal, a entidade que xestiona o dominio identificador de Galicia na rede, Manuel González, interveu este venres en Pontevedra na apertura oficial de Culturgal, a feira das culturas galegas, un espazo que, nas súas propias palabras, convértese nesta XVI edición en “núcleo principal do festexo dos nosos primeiros 10 anos de existencia”. González participou no acto inaugural, no que tamén tomaron a palabra o presidente da Asociación Culturgal, Víctor López; o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos e o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores.

PuntoGal celebra neste ano o seu décimo aniversario desde a súa oficialización con case 7.300 rexistros activos, unha taxa de renovación superior ao 90% e “centos de miles de correos electrónicos que levan a etiqueta do noso carné de identidade no ciberespazo”, salientou González, quen estendeu o convite para festexar a efeméride a “todo o mundo da cultura galega, entendida no seu sentido máis amplo, que expresa a nosa maneira de ver o mundo, conformada ao longo dos séculos, pero que revela tamén a firme vontade de seguir sendo nós mesmos, expresándonos na nosa lingua, de continuarmos creando futuro e innovando desde a nosa identidade, mirando de igual a igual aos outros pobos do mundo”.

Neste sentido, González reafirmou a vocación de PuntoGal de ser “un motor e un exemplo da Galicia creativa, da Galicia emprendedora, da Galicia que mira para o futuro, da Galicia non vitimista, porque o vitimismo é case sempre un freo para o desenvolvemento”. “Amamos a nosa cultura tradicional. Defendemos a tradición, pero non a que serve só para conservar as cinsas, non a tradición inmobilista, non a tradición como museo. A verdadeira tradición é manter aceso o lume da nosa identidade, o facho que nos permita deseñar o futuro desde as nosas raíces, a verdadeira tradición é a semente que ten que facer xermolar a forza da creatividade”, remarcou durante a intervención.

Nela, o presidente de Culturgal fixo tamén repaso de todas as actividades que a xestora do dominio desenvolverá desde hoxe mesmo ata o domingo no marco do Culturgal, onde desde esta mañá funciona xa un stand central informativo, en colaboración con Gadis, que servirá como punto de información sobre cada un dos proxectos aos que presta apoio o rexistro, desde o Museo do Videoxogo de Galicia ata o Museo do Pobo Galego, as feiras de autoedición ou os certames literarios coa Real Academia Galega, entre outros moitos. 

Ademais, PuntoGal terá unha importante presenza na feira a través da música en galego e en feminino, cos concertos do dúo de música de raíz Caamaño&Ameixeiras e da banda Pava, o proxecto sonoro da poeta e compositora Lucía Aldao, que actuarán no escenario música da feira o sábado, 30, a partir das 19 horas, nunha sesión que contará con Paula Carballeira como presentadora. Nesta mesma xornada, ás 18.00 horas, desenvolverase tamén, da man de Autobán, o combate de debuxantes All Stars, con Antón Yáñez, Sandra Lodi, Aarón Moucho e Sapoconcho en representación das catro provincias galegas, e co estudantado do Grao de Xestión Cultural da Universidade de Santiago, gravarase o podcast O Faiado.

A programación inclúe, o domingo, ás 12 horas, unha mesa redonda profesional, que se presenta baixo o título  ‘Google e o desafío dos contidos en galego’ e que contará coa intervención do consultor SEO e experto en estratexia dixital Saúl Vérez, a xornalistas especializada en márketing de contidos e comunicación corporativa Adriana Freire e o profesor de comunicación dixital da Universidade de Vigo Xabier Martínez Rolán, coa moderación da xornalista especializada en comunicación, márketing e estratexia dixital Bárbara Vilariño. Ademais, desde o venres e ata o domingo, en horario de mañá, o público infantil e xuvenil poderá participar nas propostas sobre robótica desenvolvidas en colaboración coa First Lego League. 

Compartir

Compartir