M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

i.gal

velaqui.gal

DGI

02/11/20
Vantaxes para entidades e colectivos

Se pertences a unha asociación ou a un colectivo calquera, hai vantaxes en PuntoGal. Descubre como te poñer en contacto connosco e como conseguir dominios a bo prezo para os teus asociados.

Dentro dos obxectivos de PuntoGal está o da colaboración con todas as entidades do tecido asociativo que busquen a difusión da alingua e a cultura galega, así como a promoción económica e dos produtos galegos. Estamos sempre abertos a colaborar e queremos, desde o ámbito da rede, acompañar e axudar aos colectivos cos que compartimos metas e filosofía.
Por isto temos en marcha un programa de convenios con distintas entidades que permite:

– Acceder a dominios a prezos vantaxosos para os vosos membros

– Abrir posibilidades de colaboración noutros ámbitos

– Participar en actividades en común

-Comunicar de xeito conxunto novas ou temas relevantes para un público común.

Nos últimos meses asinamos convenios con entidades como:

– Markea
– a Academia do Audiovisual de Galicia
– a DAG
– o Clúster da comunicación de Galicia
– A Mesa pola Normalización Lingüística
– Diario Nós
– A Nosa Enerxía

Se queres saber máis ou se pertences a algunha entidade interesada en establecer un convenio con nós, non tes máis que escribir un correo electrónico a info@dominio.gal e nos poremos en contacto contigo.

Compartir

Compartir