i.gal é unha ferramenta que ofrecen PuntoGal, Dinahosting e Agasol para acurtar e personalizar ligazóns e facer un seguimento das mesmas.
1.-Para poder usar el servizo entra no portal i.gal
2.- Para usar a ferramenta, procede ao rexistro ou accede á web se xa estás rexistrado.
3.- Introduce unha URL no cadro e escribe as letras que aparecen no cadro de abaixo (captcha).
4.- Se o queres personalizar, escribe o URL curto que desexes. Tamén tes a opción de xerar un código QR e acurtar máis URLs.
5.- Para finalizar, copia e comparte a ligazón personalizada as veces que queiras.