Santiago de Compostela, maio de 2022. No mes da conmemoración do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, en PuntoGal unimos esforzos coa Asociación de Medios en Galego e dinahosting para apoiar o uso da lingua na rede a través da iniciativa Subscríbete ao galego.
Entre o 17 e o 31 de maio, as persoas que se fagan subscritoras dalgún dos medios en galego participantes na campaña recibirán totalmente de balde un dominio .GAL e o aloxamento para a súa web durante un ano. Este agasallo está valorado en máis de 170 euros.
Para aproveitar a promoción, non hai máis que visitar as webs dos medios que participan e subscribirse entre o 17 e o 31 de maio:
E non hai que esquecer o traballo de ducias doutros medios que se suman á difusión desta promoción, aínda que eles mesmo non ofertan subscricións.
Do 1 de xuño ao 25 de xullo, os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para poder inserir na web de Subscríbete ao galego e obter o seu hosting e dominio gratis.
O porqué de Subscríbete ao galego
Nun mundo tan globalizado e marcado polo emprego da tecnoloxía, a Asociación de Medios en Galego, dinahosting e PuntoGal queremos contribuír a un maior uso da lingua na Internet.
Un dominio .GAL e un hosting web de balde permitiranlles ás persoas beneficiarias gozar dunha conta de correo profesional co seu propio nome, ou iniciar o seu proxecto web sen necesidade de facer ningunha inversión inicial. É un xeito de impulsar a comunidade de creación de contido en galego e de fomentar a normalización do idioma en todos os ámbitos.