Logotipo PuntoGal
Logotipo PuntoGal
M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociaciones

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Asociacións

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender .gal

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

Guías

Consellos

i.gal

velaqui.gal

PuntoGal pecha o ano 2025 cunha promoción de dominios a 10 euros ata o 22 de decembro

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2025.- PuntoGal quere celebrar o final do ano cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes desde o día 22 de novembro e ata o 22 de decembro. 

 Para poder aproveitar a promoción de desconto nos prezos do .gal que traen estas festas, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Core, CdMon, Dinahosting, Ovh.com, INWX e Sw Hosting, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades. Toda a información atópase na páxina www.dominio.gal/promocions/.

A campaña está deseñada por Maru Astray, ilustradora compostelá. Maru crea o seu imaxinario entrelazando composicións densas, liñas pesadas e cores contrastadas, que xa se converteron no seu selo de identidade. Pódese seguir o seu traballo a través da súa conta en Instagram, @maruastray.

PuntoGal, que ten arredor de 7.500 dominios rexistrados, segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran visibilizarse na rede como parte da comunidade galega poidan facelo cun prezo competitivo.

O dominio continúa co seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Entre as últimas actividades realizadas figura o patrocinio dos VIII Premios Paraugas entregados o 21 ou a presenza na Feira das Industrias Culturais Galegas, cultur.gal. 

Máis información en www.dominio.gal ou no 670226268.

10 euros
10 euros
10 euros
10 euros
10 euros
10 euros