
Dous anos de dominio por menos de 15 € máis IVE
Coincidindo coa oitava edición do concurso de microrrelatos lanzamos unha nova campaña de promoción do dominio, para lle seguir dando visibilidade á nosa lingua e a nosa cultura no ciberespazo. O prazo para participar na promoción e no concurso de relatos, mantense aberto todo o mes de febreiro. Os rexistradores acollidos á promoción, que ofrece dous anos de rexistro por un máximo de 15 euros máis IVE, son Dinahosting, Openprovider, Don Dominio, OVH.com e INWX. As condicións de cada un deles pódense consultar nas súas páxinas web e nas ligazóns que aparecen a continuación.