M

Rexistro

Promocions

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

i.gal

velaqui.gal

DGI

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender

Dominio

PuntoGal

Rexistro

Promocións

Por que .gal

Como .gal

Rexistradores

Actualidade

Novas

Comunicación

Historias PuntoGal

Nós

O dominio

O equipo

A asociación

Rexistrar ou revender

Axuda

Preguntas frecuentes

Mapa do sitio

Ferramentas

i.gal

velaqui.gal

DGI

o 2021 é voso
Damos a benvida ao 2021 cunha promoción de dominios a prezos especiais

PuntoGal recibe o ano novo cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes dende o día 20 de decembro e ata o 10 de xaneiro.

Para poder aproveitar a promoción, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Dinahosting, Blacknight, Openprovider, INWX, Arsys e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades. Toda a información atópase na nosa páxina de promocións.
PuntoGal, que xa supera os 5600 dominios rexistrados, segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran visibilizarse na rede como parte da comunidade galega poidan facelo, e máis nun escenario tan complexo como o que deriva da pandemia da Covid-19.

Nesta campaña, ademáis, PuntoGal agasalla a todo o mundo cunha axenda descargable e imprimible á que se pode acceder neste enlace: i.gal/axenda. Con este agasallo PuntoGal quere recibir un novo ano no que todos contamos con retomar actividades e relacións que temos en suspenso desde marzo.

PuntoGal aproveita para convidar a todo o mundo consultar a súa nova web, na que se detalla esta promoción e algunhas das últimas actividades do dominio, incluíndo o traballo cos concellos, os convenios de colaboración ou algunhas das historias das entidades que usan o dominio.

O dominio segue a manter o seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Entre as actividades xa realizadas figura a colaboración coa localización en galego do navegador Firefox, o concurso de microrrelatos coa RAG, o apoio ó Día das Rapazas nas TIC do CESGA ou os premios SpinOff PuntoGal. O dominio forma parte, igualmente, da Asociación internacional de dominios Geotlds, do RYSG Group e participa activamente das actividades da ICANN, organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial.