Solucións para cooperativas
En PuntoGal dedicamos os nosos esforzos a colaborar con iniciativas vinculadas á lingua, o patrimonio, a cultura, a tecnoloxía e o desenvolvemento económico e social de Galicia. As cooperativas desempeñan un papel fundamental na creación de valor colectivo, na innovación e na dinamización do territorio, compartindo moitos dos principios que inspiran o noso traballo.
Se formas parte dunha cooperativa, desde PuntoGal tamén queremos apoiar o voso proxecto cunha importante rebaixa no rexistro do dominio.gal.
Para asegurar o dominio da vosa cooperativa por só 10 euros máis IVE durante dous anos, só tedes que solicitalo e achegar a documentación correspondente a través deste formulario.
Poñerémonos en contacto convosco o antes posible.
Ferramentas
En PuntoGal desenvolvemos e adaptamos ferramentas para facer da rede un lugar máis seguro e inclusivo. Estas son algunhas das máis acaídas para as cooperativas, aínda que pode haber outras. Se queres compartir as túas ideas e suxestións, non dubides en falar con nós.
Recursos na web
Non somos os únicos que pensamos que paga a pena axudar ás cooperativas. Estas entidades tamén poden botar unha man con ferramentas, ideas, ou rebaixas en produtos necesarios para o traballo diario. Botádelle un ollo.
EspazoCoop
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop é unha organización que traballa para fortalecer e promover o cooperativismo en Galicia. A través dos seus servizos de asesoramento, formación e acompañamento, apoia a creación, consolidación e crecemento das cooperativas, contribuíndo ao desenvolvemento dunha economía máis participativa, sostible e centrada nas persoas.
Raiola
Empresa de hosting e desenvolvemento. Desde Lugo, aloxan webs de todo o mundo e tamén teñen un programa de axuda a entidades sen ánimo de lucro. Podedes falar con eles aquí.
Dinahosting
Desde Compostela, rexistro de dominios, hosting e atención en galego para o que precises. Se queredes que vos axuden, aquí podedes consultar a política de patrocinios e responsabilidade social corporativa.








