Dende o 13 de maio de 2015 un Decreto establece que as comunicacións da Administración Xeral serán en .gal, polo que o dominio pioneiro  xunta.gal  abre a porta do dominio galego. Dende ese momento moitas iniciativas e proxectos da Xunta de Galicia difúndense ó abeiro do .GAL e quedan moitas por chegar. O 17 de abril de 2016, máis de 18.000 contas de correo electrónico substituiron o @xunta.es polo @xunta.gal, e o obxectivo é que en 2017 todas as direccións corporativas e contas de correo corporativas leven o sobrenome do .gal.