A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Galicia foron dos pioneiros en ter o seu dominio .gal e dar a coñecer os seus servizos á comunidade galega e ao mundo. A AETG “foi constituída co obxecto social de velar polo prestixio moral, social e técnico dos enxeñeiros de telecomunicación, fomentar e estreitar os lazos de unión e compañeirismo entre estes, contribuir ao desenvolvemento e progreso da comunidade autónoma de Galicia”.