Santiago de Compostela, 12 de maio-.Dende que comezou a pandemia, son varios os rexistros e rexistradores que están a facer todo o que está da súa man para que os usuarios dos dominios ou os novos clientes, teñan máis oportunidades de manter as súas webs ou de darlle un pulo aos seus produtos online.

Unha das primeiras medidas que podemos destacar, é que por parte dalgúns dominios do mundo entre eles os dominios da península ibérica .CAT, .EUS e .GAL decidiuse eliminar a taxa de restauración dos dominios. Isto quere dicir, que mentres o dominio estea en período de gracia o propietario poderá renovalo só co custo da renovación. Tamén é o caso de Verisign, que ademais decidiu non aumentar as taxas este ano e facer doacións. Varios rexistros non eliminaron como tal a taxa de restauración pero si ofreceron flexibilidade e promocións nas renovacións.

Algúns rexistros decidiron implementar as medidas de rexistro para evitar os casos de abuse asociados aos dominios con nomes relacionados coa pandemia. Algúns deles teñen que pasar un doble proceso de seguranza, como son por exemplo o caso do .EU e do .UK.

Outra das oportunidades que tanto PuntoGal coma o PuntuEUS como rexistradores tomamos durante estes días, foi a de ofertar dominios .gal de balde como axuda para a dixitalización de negocios de hostalería, comercios ou artistas que se están vendo afectados polo confinamento. Comprende o rexistro de dominio .gal durante un ano combinado cunha solución de aloxamento web tamén de balde durante o mesmo período de tempo, coa colaboración dos rexistradores cos que PuntoGal traballa habitualmente. Agora mesmo, Dinahosting e CdMon xa están participando na promoción, axudando así na dixitalización de negocios que tiveron que pechar pola crise da Covid.

Moitos rexistradores veñen de facer ofertas para axudar ao impacto negativo da situación actual. Algúns póñense a disposición dos seus clientes para buscar medidas que se axusten mellor a súa casuística e axudarlles en casos de abuso ou ameaza.  Outros, como CDMon ou DonDominio seguen a dar webinars específicos e información para evitar a ciber delincuencia que se viu incrementada durante esta crise. No caso de Arsys tamén contan con información sobre tecnoloxía para loitar contra a Covid-19.

No caso de dinahosting, ofrecen axuda 100% personalizada en liña, incluíndo non só descontos e promocións senon tamén formación, etc. Entre as promocións, por exemplo, teñen descontos dun 50% nas altas nos plans de aloxamento, e incremento de balde do espazo nos hostings. Tamén prorrogaron a promoción nos seus servidores dedicados con descontos do 50% e o 25%. En canto a formación, dende abril ofrecen webinars sobre contidos técnicos para que os clientes saquen o mellor partido aos seus negocios.

Outro dos rexistradores de PuntoGal, OVHcloud, apunta na súa web varías iniciativas solidarias co gallo da pandemia, entre elas a Open Solidarity, onde ofrecen axuda aos clientes, cun soporte dixital aberto, colectivo en global, para proporcionar axudas técnicas de balde e sen compromiso, usando as infraestruturas do OVHCloud.

Hai compañías, no caso de Blacknight ou Goddady, que están a axudar no caso do cibercrime https://www.cyberthreatcoalition.org/

https://www.godaddy.com/garage/godaddy-combats-coronavirus-related-fraud-and-abuse/

Mais info:

https://www.internetnews.me/2020/03/30/covid-19-what-registrars-and-registries-are-doing-to-help/

https://www.abc.es/espana/abci-policia-detecta-mas-120000-dominios-alusivos-covid-19-activados-ciberdelincuentes-202004130226_noticia.html

https://blacknight.blog/some-changes-to-domain-registration-processes.html

https://open-solidarity.com/