A Asociación PuntoGal asinou un acordo de patrocinio da XXII Noite Galega das Telecomunicacións e Sociedade da Informacón que  inclúe tamén descontos nos dominios para os membros do AETG.

Unha representación da directiva de PuntoGal, encabezada polo seu presidente, Manuel González, acudirá o Pazo de Exposicións da Coruña (Palexco) que acollerá o evento.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017.- A Asociación PuntoGal renovou o acordo de patrocinio coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia por segundo ano consecutivo.

O 29 de setembro celébrase a XXII Noite Galega das Telecomunicacións e Sociedade da Información, dedicada á Ciberseguridade, da que PuntoGal será un dos patrocinadores. Aproveitamos para felicitar á Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia no seu 25 aniversario que coincide nesta data.

O evento celebrarase no Pazo de Exposicións da Coruña e a acudirán unha ampla representación do sector TIC de Galicia. Durante a gala entregaranse os Premios Galicia das Telecomunicacións e Sociedade da Información, e dámoslle o nosos parabéns aos premiados.

Esta colaboración da Asociación PuntoGal co AETG achegará aos enxeñeiros e enxeñeiras un desconto no rexistro dos dominios .gal. Trátase dunha das iniciativas de colaboración que está a levar a cabo a Asociación seguida por outras con diferentes asociacións profesionais e culturais galegas.

PuntoGal agradece, como sempre, o apoio da sociedade galega a este proxecto común traballando porque sexa de todos e todas. O dominio é voso.