EDITA DE LORENZO, NOMEADA DIRECTORA XERAL DE PUNTOGAL

 A Asociación puntoGAL presentou este martes os 93 seleccionados no seu Programa Pioneiros nun acto que tivo lugar no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. As empresas, administracións, fundacións e asociacións que figuran na lista anexa serán as primeiras en poder activar un enderezo co .gal a partir do día 25 de xullo.
O número de solicitudes presentadas ao programa Pioneiros,134, superou ampliamente as prazas dispoñíbeis. A Asociación seleccionou aos 93 pioneiros segundo criterios de representatividade na sociedade, en función da contribución ofrecida ao lanzamento do .gal e garantindo que todos os sectores sociais estean representados. Das candidaturas recibidas, 39 foron administracións públicas, 32 empresas e 63 para asociacións. Seleccionáronse 93 coa seguinte distribución: 35 para administracións públicas, 15 para empresas e 43 para entidades sen ánimo de lucro. A Asociación quere agradecer o interese de todos os candidatos que, coa súa proposta, demostraron o compromiso que existe en todos os sectores da sociedade para que Galicia teña un identificador de seu na Rede. Os nomes pioneiros poderán activarse dende o vindeiro venres, data elixida por puntoGAL pola súa especial significación no país, unha vez resoltos os requisitos da posta en marcha para cada un deles, indicados na convocatoria. O .gal aumentará o tráfico e os ingresos das páxinas galegas O presidente da Asociación puntoGAL, Manuel González, detallou as vantaxes económicas, técnicas e simbólicas que aportará ao país dispor dun identificador de máximo nivel. González salientou no seu discurso que “os participantes neste programa son pioneiros de algo tan importante como que neste medio revolucionario que condiciona as nosas vidas Galicia teña un carné de identidade, que a lingua galega teña visibilidade”. González tamén lembrou que dende o 1 de xuño puntoGAL mantivo numerosas reunións con empresas, administracións e asociacións para explicarlles a importancia do .gal e animalos a participar nos pioneiros. Grazas a esta labor logrouse, por exemplo, que o Parlamento de Galicia aprobase por unanimidade unha resolución de apoio ao dominio na que a Cámara pide expícitamente a todas as institucións que se sumen ao .gal . Ademais, a directiva de .gal mantivo encontros con, entre outros, o Valedor do Pobo, a Real Academia Galega todas as forzas políticas do hemiciclo, medios de comunicación, a Mesa pola Normalización ou a Asociación ProLíngua. De Lorenzo, nova directora, explica as seguintes fases do lanzamento O acto no Museo do Pobo serviu tamén para que puntoGAL anunciase o nomeamento da súa primeira directora xeral. Nunha recente xuntanza da dirección do organismo na que, entre outras cuestións, se aprobou o regulamento de funcionamento do mesmo, acordouse por unaminidade nomear para este posto a Edita de Lorenzo. Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (ETSE) na Universidade de Vigo, De Lorenzo é profesora titular do departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións dende 1998. Esta ourensana, enxeñeira de Telecomunicación e doutora pola Universidade de Vigo, forma parte da directiva de Coditel (Conferencia de Directores de Enxeñería de Telecomunicación), do Coetg/Aetg (Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacion de Galicia) e é vogal da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia dende 2011. Foi cofundadora da sección española do WIE (Women in Engineering), capítulo do IEEE (Institute of Electrical and Electronic Engineering). A nova directora xeral destacou o apoio económico realizado polos pioneiros, pois a súa aportación é a única fonte de ingresos actual de puntoGAL. O obxectivo da Asociación é que o .gal se autofinancie e reinvista os posíbeis beneficios na sociedade galega. A doutora de Lorenzo deu as grazas a todos os que contribuíron ao lanzamento do novo identificador, especialmente aos que farán visible o dominio activándoo a partir do 25 de xullo. Seis pioneiros terán que esperar un pouco máis A directora xeral tamén sinalou que dos 93 pioneiros seleccionados, 6 están incluídos nunha lista da ICANN (o organismo que goberna as direccións da Internet) de millóns de enderezos de todos os novos dominios que non se poderán activar agora. É dicir; r.gal, cultur.gal, xunta.gal, crtvg.gal, ccoo.gal e socialistas.gal están xa rexistrados a nome desas organizacións; pero técnicamente non poderán entrar en funcionamento o 25 de xullo, como si poderán o resto de pioneiros. O motivo é que ICANN estableceu que 9,8 millóns de enderezos de novos dominios necesitan salvaguardas especiais para evitar confusións entre a Internet e as intranets. Esta lista -chamada por ICANN ‘confusión de nomes’ ou ‘name collision’ – afecta a todos os novos identificadores, non só ao .gal. Estes nomes entrarán en funcionamento en canto a ICANN determine o procedemento para activalos. Abrente e Carreira: en paralelo dende setembro até novembro Edita de Lorenzo tamén explicou as seguintes fases do lanzamento. Completados os Pioneiros, a seguinte fase, bautizada como Abrente, comezará en setembro, durará até novembro e busca protexer dominios de interese público. No Abrente as entidades públicas e privadas poderán exercer o seu dereito preferente de solicitar o seu dominio actual. Búscase así protexer os intereses de colectivos como propietarios de marcas, administracións públicas, marcas internacionais protexidas de acordo as normas da ICANN (o organismo que goberna os enderezos da Internet), etc. Cómpre lembrar que unha das finalidades do puntoGAL é que as empresas e institucións poidan presentar as súas marcas, produtos e servizos dunha maneira máis próxima aos galegos. Paralelamente ao Abrente, haberá unha Carreira para o público en xeral para os enderezos que non teñan dereitos preferentes. Durante a Carreira poderase poxar por enderezos especialmente atractivos. Fase Aberta: o dominio para todos en decembro E finalmente, en decembro, chegará a Fase Aberta, na que todo o público poderá acceder ao dominio .gal sen máis restricións, como sucede como calquera dos dominos que levan tempo na Rede. As características concretas de cada fase serán publicadas no portal www.dominio.gal con suficiente antelación. Ademais, a través desta páxina indicarase a fórmula para consultar e solventar dúbidas. Os motivos para organizar o lanzamento en diferentes fases -como fan todos os novos dominios- son: garantir a estabilidade técnica do .gal, cumprir as normas establecidas por ICANN e asegurar un lanzamento ordenado, que protexa os dereitos públicos e privados. Requerimentos para usar un .gal Dominio.gal tamén explica que páxinas webs poderán mostrarse cun .gal . O rexistro será libre e os sitios web co .gal deben ter un contido mínimo significativo en lingua galega, aínda que se mostre tamén noutros idiomas. En caso de que non mostre contido en galego, deberán ser contidos relacionados coa cultura galega ou servizos en liña específicamente dirixidos á comunidade galega e que favorezan o seu desenvolvemento. Así o obriga a candidatura do .gal aprobada por ICANN. Grazas polo masivo e interrompido apoio recibido estes sete anos A Asociación puntoGAL está formada por 114 organizacións de todos os sectores sociais; incluídas as principais institucións culturais do país, as tres universidades, medios de comunicación, empresas de tecnoloxía, centros de galegos no exterior e ducias de asociacións culturais de base. Durante os seus sete anos de traballo continuado gañouse o apoio de máis de 12.000 persoas, apoio que foi fundamental para que ICANN aprobase a candidatura en 2013 e delegase o dominio esta primavera. A todas estas persoas e institucións, puntoGAL quere dar as grazas unha vez máis. Dende este 25 de xullo, o domino é, máis ca nunca, voso. A lista de 93 enderezos seleccionados, por orde alfabética, e a entidade rexistrante é a seguinte: 25dexullo.galXunta de Galicia academia.gal Real Academia Galega adega.gal Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza aetg.gal Asociación Enxeñeiros Telecomunicación de Galicia agasol.gal Asociación de Emresas Galegas de Software Libre (AGASOL) age.gal Alternativa Galega de Esquerda amesa.gal A Mesa pola Normalización Lingüística amigosdopatrimoniodecastroverde.gal Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde anova.gal Anova – Irmandade Nacionalista ascatedrais.gal Concello de Ribadeo atriga.gal Axencia Tributaria de Galicia avelinodiaz.gal Hadrián Fernández Eiros “Ardao Eiros” avogacia.gal Consello da Avogacía de Galicia avozdevilalba.gal Asociación Cultural A Voz de Vilalba axendadixital.gal Xunta de Galicia bng.gal Bloque Nacionalista Galego cabana.gal Cabana Bergantiños cambre.gal Cambre carballo.gal Carballo castrelo.gal Castrelo de Miño catedraldesantiago.gal Catedral de Santiago ccoo.gal CCOO de Galicia celta.gal Real Club Celta de Vigo S.A.D. cesga.gal Fundación Centro Supercomputación de Galicia cidadedacultura.gal Cidade da Cultura de Galicia clustertic.gal Cluster TIC de Galicia codigo.gal Grupo Código Cero Comunicación compromiso.gal Compromiso por Galicia concellodemanzaneda.gal Manzaneda consellodacultura.gal Consello da Cultura Galega cpeig.gal Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia crea.gal Asociación CREA directores y realizadores de Galicia crtvg.gal Compañía de Radio-Televisión de Galicia csif.gal Central Sindical Independiente e de Funcionarios de Galicia ctnl.gal Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua cultur.gal Jose Manuel Aldea Moscoso cultura.gal Xunta de Galicia deputacionlugo.gal Deputación provincial de Lugo dinahosting.gal Dinahosting editorialgalaxia.gal Editorial Galaxia, S.A. elcorreogallego.gal Editorial Compostela, S.A. fegamp.gal Federación Galega de Municipos e Provincias feijoo.gal Partido Popular fundacioncastelao.gal Fundación Castelao fundacionislacouto.gal Fundación Isla Couto fundacionoteropedrayo.gal Fundación Otero Pedrayo gadis.gal Gadisa Retail S.L.U. galicia.gal Xunta de Galicia galiciacalidade.gal Galicia Calidade galiciaconfidencial.gal Xurimaru Servizos de Comunicación galizacig.gal Confederación Intersindical Galega – CIG goberno.gal Xunta de Galicia isoc.gal Internet Society lavozdegalicia.gal La Voz de Galicia S.L.U. liceodenoia.gal Sociedade Cultural e Recreativa Liceo de Noia lingua.gal Xunta de Galicia mundo-r.gal R Cable y telecomunicaciones Galicia, S.A museodopobo.gal Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego ordes.gal Ordes oval.gal Cooperativa Santa María do Val S.C.G. parlamento.gal Parlamento de Galicia pgl.gal AssociaÇom Galega da Lingua (AGAL) ponteceso.gal Ponteceso pontevedra.gal Concello de Pontevedra portaldaspalabras.gal Real Academia Galega e Fundación Barrié ppdegalicia.gal Partido Popular praza.gal Fundación Praza Pública presidente.gal Xunta de Galicia prolingua.gal Asociación Cultural Prolingua psdeg-psoe.gal PSdeG R.gal R Cable y telecomunicaciones Galicia, S.A radiofusion.gal Emisoras Municipais Galegas radiogalega.gal Compañía de Radio-Televisión de Galicia rcdeportivo.gal Real Club Deportivo de La Coruña redondela.gal Concello de Redondela reizentolo.gal Rei Zentolo, S.L. ribadeo.gal Ribadeo sermosgaliza.gal Sermos Galiza, S.A. snccoo.gal CCOO de Galicia socialistas.gal PSdeG teleco.gal Escola de Enxeñaría de Telecomunicación televisiondegalicia.gal Compañía de Radio-Televisión de Galicia teo.gal Teo turismo.gal Xunta de Galicia udc.gal Universidade da Coruña usc.gal Universidade de Santiago de Compostela uvigo.gal Universidade de Vigo valedordopobo.gal Valedor do Pobo veciñosporlugo.gal Veciños por Lugo vilardesantos.gal Vilar de Santos xerais.gal Edicións Xerais de Galicia xornalistas.gal Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia xunta.gal Xunta de Galicia