Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2019.- Esta mañá presentáronse na Asociación Área Empresarial do Tambre as persoas finalistas aos IV Premios Paraugas que organiza o clúster de Comunicación de Galicia e que se entregarán próximo 29 de novembro. O acto de entreg terá lugar en Expourense e este ano, a Asociación PuntoGal será un dos patrocinadores dos premios, os Premios .GAL na categoría de Márketing Dixital. Creados no 2016 polo Clúster da Comunicación de Galicia, os Premios Paraugas distinguen os mellores traballos de profesionais de orixe galega nos seguintes sectores: impresión dixital e edición, deseño, creatividade, márketing dixital, márketing e comunicación. Os premios paraugas naceron coa idea de poñer en valor a calidade e o excelente traballo nos eidos da creatividade, do deseño, da edición, da impresión, do márketing e da comunicación nas empresas e institucións galegas. Os participantes puideron presentar as súas propostas ata o 6 de novembro. Optarán a tres premios por categoría e os traballos tiñan que ser orixinais e con dereitos de explotación como explican as bases na páxina web premios.clustercomunicacion.gal/ PuntoGal patrocina este ano os premios ao márketing dixital que conta con tres categorías: Premio Paraugas á mellor Estratexia Dixital, Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Negocio Dixital e Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media. Esta colaboración englóbase nas accións levadas a cabo pola Asociación PuntoGal para a promoción da cultura galega a través de convenios con entidades da sociedade galega.