A Coruña, 3 de abril de 2020.-  PuntoGal, xestora do dominio .gal, ven de tomar a decisión de eliminar a taxa de restore (restauración) dos dominios .gal pola situación que estamos a vivir actualmente. A crise actual derivada do estado de alarma provocado pola COVID-19 fixo tomar esta decisión, para axudar en maior ou menor medida ás empresas a manter as súas páxinas web activas.

Cando un dominio caduca se lle engade un tempo de gracia no que o propietario mantén o seu dereito a continuar co dominio, e poida ser recuperado. Este período contaba cunha tarifa propia, o que non eximía do pagamento da renovación do dominio. Deste xeito, mentres o dominio estea en período de gracia o propietario poderá renovalo só co custo da renovación. Esta tarifa será eliminada dende o día 6 de abril ás 10:00 CEST.

No caso de non se renovar durante o período de gracia o dominio darase por eliminado, volvendo a estar dispoñible para quen o queira. Os servizos de puntogal seguen funcionando con normalidade e que poden contactar con nós para calquera cousa

A Asociación PuntoGal aproveita a ocasión para darvos moitos ánimos nesta situación. Desta sairemos todos xuntos. O dominio é voso.