Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2016.- Con motivo do segundo aniversario da apertura do dominio .GAL e coa colaboración de Gadis, o día 2 de decembro sorteamos 10 dominios gratuitos entre os expositores do Cultur.gal, a Feira das Industrias Culturais.

O venres 2 de decembro, e para celebrar os 2 anos da apertura do dominio .GAL celebrouse un sorteo entre os expositores de Cultur.gal de 10 dominios. Os gañadores foron os nosos compañeiros na feira:

Catro Ventos Editora

Através Editora

Librarías Lila de Lilith e Ciranda

Festival de Cans e Dinastía Meji

Montse Betanzos

Santa Guerrilla

DAG, Asociación Galega de Deseñadores

Librarías Paz e Seijas

Pilar Piñeiro Cerámica

Musicarte

Aproveitamos para darlles os parabéns aos premiados e que disfruten do seu .gal gratuíto por un ano.