Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017.- PuntoGal, o dominio galego en internet, celebra en colaboración coa Fundación Rosalía, o 180 aniversario do nacemento da nosa escritora. Durante o mes de febreiro o rexistro dun novo dominio .gal será posible por 5€ como máximo.

O día 3 de febreiro, farase o acto de presentación desta promoción no Auditorio da Casa de Rosalía en Padrón, ás 12 do mediodía, e contará coa presenza de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística,Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e Manuel González, presidente da Asociación PuntoGal.