A Coruña, 28 de xaneiro de 2020.- A Asociación PuntoGal e a Real Academia Galega (RAG) convocan por terceiro ano consecutivo o seu concurso de microrrelatos, que como o ano pasado hai tres categorías en base ás idades dos participantes. Igualmente, o dominio lanza en febreiro unha promoción coa que se será posible rexistrar un .gal para dous anos a un prezo de 15 euros + IVE nos rexistradores acollidos á promoción.