Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017.- O dominio .gal, dominio galego en internet ven de alcanzar hoxe os 3.500 dominios rexistrados. Son moitos os dominios activos que van dende asociacións, administracións, páxinas persoais, empresas e partidos políticos. Dende a Asociación PuntoGal queremos agradecer a confianza dos nosos usuarios e promover o seu uso e difusión. Puntogal é voso!